Esta é a oferta de FP Dual nova para o curso 2022/2023:
CS Mecatrónica Industrial
CS Deseño de Fabricación Mecánica
CS Deseño e Amoblamento
CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
CM Electromecánica de Maquinaria
CM Soldadura e Calderería
CM Redes e Estacións de Tratamento de Augas
O alumnado que figure nas listaxes definitivas de admisión de solicitudes para FPDual deberá presentarse aos procesos de selección das empresas segundo o calendario que se irá mostrando na web do centro. Unha vez seleccionado pola empresa o alumnado deberá formalizar a matrícula segundo o calendario de matrícula.
Novidade: Este ano non haberá período extraordinario de presentación de solicitudes en ningún réxime nin modalidade.
Pódense consultar todos os documentos informativos sobre o proceso de admisión a ciclos formativos e cursos de especialización en http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp
(*) Do noso centro: Refísere a quen estivo matriculado no noso centro no curso 2021/2022. De non ser así serían coma se viñesen doutro centro
(**) Quen quera solicitar á exención da FCT, deberá matricularse primeiro e solicitar a exención na primeira semana do mes de setembro.
Os menores de 28 anos, deben entregar o resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. Concepto: NOME DO Alumn@)