Olimpiada Cultural 2015
O vindeiro luns, 2 de febreiro comeza a 15ª edición da nosa OLIMPIADA CULTURAL, un concurso organizado pola biblioteca do noso centro, no que durante catro semanas completas (ata o 6 de marzo) haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio.
A que esperas? Aínda estás a tempo. Atrévete!
Hai follas de inscrición na biblioteca.