Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:
Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 1000euros.
Requisitos dos solicitantes:
-Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2020/21 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.
-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
-Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.
Forma e presentación de solicitudes: Ata o21 de abril de 2022, na aplicación informatica https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/ accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.
Toda a información na seguinte ligazón: Orde do DOG nº 55 do 2022/3/21 - Xunta de Galicia