Mensaxe de erro
Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).
BOLSAS PARA REALIZAR ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022-23. MINISTERIO DE EDUCACIÓN.
Este ano o prazo adiantouse, comeza o 30 de marzo e rematará o 12 de maio (incluído).
Aquelas persoas que non a soliciten dentro deste prazo, despois xa non poderán facelo. Asi que é moi importante ter en conta estas datas. Posteriormente no mes de setembro poderase rectificar a solicitude.
Presentación en Streaming do Centro Zaragoza na Biblioteca do CIFP Coroso. O obxectivo desta presentación é que o alumnado de Automoción (1º e 2º) coñeza as actividades que se realizan nese centro de investigación. Ademais, explicáronse as oportunidades profesionais que ofrece a formación de Peritos de Seguros de Automóbiles.
Publicadas as datas para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio, da convocatoria 2022.
Prema nesta ligazón ou no logo correspondente para ver a información.
O día 24 de febreiro celebraremos no CIFP Coroso o día de Rosalía.
O día 10 de febreiro tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha charla sobre a prevención do consumo de drogas entre adolescentes.
O pasado 4 de Febreiro foi a entrega dos premios aos mellores expedientes de FP do estado. Entre eles estaba a alumna de Industrias Alimentarias do CIFP Coroso, Cecilia Pérez Dávila.
O campión en reparación de carrocería, Iago Castro (medalla de ouro nas Skills Galicia 2021) foi entrevistado onte polos reporteiros do programa da TVG 'Fun polo aire'.
Ver Programa completo na TVG.
Páxinas