Reportaxe video gráfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2023 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.
Á nosa mente encántalle clasificar; é unha crack etiquetando toda clase de situacións, momentos, persoas...Catalogamos o mundo que nos rodea para ter a percepción de certo orden e estabilidade.
Estamos rodeados de etiquetas postas por outras persoas ou incluso, por nós mesmos. Pero estas etiquetas non nos representan. Moitas delas, son como un post-it e son temporais, pero tamén existen outras que son unha tatuaxe, cronifícanse e van deixando marca na nosa personalidade.
O pasado día 15 deste mes de novembro, en horario de 09:30 a 11:30 da mañan, tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha nova actividade; Tecendo Redes, a cal trouxo como persoa invitada, a Armando Rosal Rey.
Con motivo do día das Bibliotecas , 24 de outubro e baixo o lema " Unha biblioteca diversa: un mundo por explorar" o noso alumnado de FPB desfrutou visionando a película Billy Elliot. Xa que este ano nos centrámos na igualdade, respecto e diversidade entre as persoas.
Con motivo da celebración do Samaín realizáronse no centro varias actividades: decoración do centro con temática de Samaín e defuntos, elaboración e degustación de produtos típicos desta data e como peche da semana, contamos coa presenza do monologuista Quico Cadaval que nos descubriu contos e historias cun mesmo fío condutor, o mundo dos vivos e dos mortos.
Para celebrar o Samaín no CIFP Coroso contamos coa presenza de Quico Cadaval que nos contará historias que terán como eixe o máis alá o mundo paranormal e estarán ambientadas no noso entorno máis próximo.
Asistirá todo o alumnado de Ciclos Superiores, arredor de 80 alumnos/as.
O vindeiro luns día 11/09/2023 comeza o novo curso 2023-24. De seguido amosamos os horarios das presentacións dos diferentes ciclos, en horarios de mañan e tarde.
Publicamos información para poder axudar a facer a reserva de praza e a matrícula nun Ciclo Formativo de réxime ordinario e para adultos, e DUAL para o vindeiro curso 2023-24. Facer clic nos logos para visualizar o correspondente documento en .pdf
O 2 de xuño celebrouse no CIFP Coroso o Encontro Territorial dentro do Plan Conecta FP Galicia. Contamos con 2 mesas redondas nas que se falou da FP Dual e do procedemento de acreditación de competencias profesionais. Máis información clicando neste enlace.