Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Programacións adaptadas final de curso COVID-19

Adaptación das programacións didácticas do presente curso 2019-2020, debido á excepcionalidade durante o Estado de Alarma, a causa da crise sanitaria derivada da pandemia provocada pola COVID-19.

Ver programacións

 

CICLO MEDIO

Igualdade de Oportunidades

Prepárate e fórmate para o teu futuro laboral e profesional estudiando na F.P. en igualde de oportunidades. Consulta estes trípticos informativos os cales se poden imprimir, e nos que se poden consultar os rexímenes e modalidades das diferentes familias profesionais ofertadas no CIFP Coroso, así como as características máis destacables destas familias e a súa aplicación na vida laboral.

- Clica nas imaxes para descargar os arquivos en formato pdf.

Imos aproveitar o tempo de confinamento!

O Dept. de Orientación do CIFP Coroso elaborou unha proposta para axudarnos a sobrelevar o confinamento manténdonos activos e á vez aproveitar para mellorar a nosa formación en distintas áreas. 

Preme na figura para acceder ao documento.

 

Recomendacións para adolescentes confinados

Desde o Colexio Oficial de Psicólogos, publican esta útil axenda axudar aos adolescentes durante o confinamento.

 

Afrontando o confinamento polo COVID-19

Obradoiros por videoconferencia con profesionais da psicoloxía e terapeutas especializados, ca finalidade de afrontar mellor o confinamento provocado polo Estado de Alarma derivado da pandemia do COVID-19.

Obradoiros polo COVID-19

O CIFP Coroso dona equipamento de protección individual (EPI)

O CIFP Coroso ven de aportar o seu gran de area na loitra contra a pandemia do coronavirus COVID-19 que estamos a padecer en todo o planeta, e de xeito moi significativo no noso país, ca entrega de diverso equipamento de protección individual (EPI), tal e como recolle La Voz de Galicia na súa edición de hoxe 21 de marzo. Os recursos dos que dispoñen as familias profesionais de Industrias Alimentarias e Automoción foron entregados polo Director do Centro M.

CIFP COROSO e AMICOS compartiron unha xornada de traballo conxunto

O pasado 5 de marzo, alumno de FP Básica do CIFP Coroso visitaron o centro de atención integral Amicos de Comoxo, en Boiro. Eis a noticia publicada en O Barbanza.

Concurso de carteis para o Dia Internacional da Muller

No CIFP Coroso organízase un concurso de carteis para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso está aberto á participación de toda a comunidade educativa. Podes consultar aquí mesmo as bases, ou preguntando na biblioteca.  Anímate e presenta o teu carteL !!!

O CIFP de Coroso acolle un obradoiro de nós co mariñeiro palmeirán José Mariño

Este luns 17 de xaneiro celebrouse no CIFP de Coroso, a primeira sesión do obradoiro de elaboración de nós mariñeiros que organiza o centro, contando coa estimábel contribución do ex-mariñeiro palmeirán José Mariño Sánchez, quen mostrou aos participantes como traballar cos cabos para facer os amarres máis indicados para cada tipo de labor no mar e para cada tipo de embarcación.

A mestura perfecta

Os alumnos de FP Básica de Industrias alimentarias deléitannos cun prato moi saboroso e sinxelo de facer. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS