Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Doazón de sangue no CIFP Coroso

O vindeiro xoves 29 de outubro, unha unidade móbil do Servizo Galego de Saúde, estará fronte ao Instituto ca finalidade de recoller doazóns de sangue, de quenes así desexen facer este acto altruista e tan necesario.

Doazon de sangue

Axudas ás familias para adquisición de equipos informáticos

Dende a Concellería de Educación do Concello de Ribeira, ponse en coñecemento de toda a comunidade educativa, da nova axuda ás familias para a compra de equipos informáticos para os alumnos dos centros docentes públicos e concertados do Concello.

A información e as bases desta convocatoria xa están na páxina web do concello www.ribeira.gal, así como tamén xa saleu publicado no Boletion Oficial da Provincia. 

Pode ver as bases desta convocatoria facendo clic nos seguintes enlaces:

Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar 2020-2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Atención dos servizos de Orientación. Horarios e normas.

Atención dos servizos do Departamento de Información e Orientación Profesional ao público.

1. Para a atención ao alumnado/familias e a cidadanía que queira realizar consultas a Orientación, empregarase preferentemente o Correo Electrónico cecilialois@edu.xunta.es

2. Tamén se atenderán consultas de Orientación a través do teléfono de luns a venres de 10:00 a 12:00 h no seguinte número : 881 86 68 74

Novo Ciclo de F.P. Dual C.M.Instalacións de Produción de Calor (MIMA02)

Este novo curso 2020-2021 engadimos á nosa oferta educativa un novo ciclo medio da F.P. Dual consistente en Instalacións de Produción de Calor. Ver máis información premendo nesta ligazón.

As empresas colaboradoras son as seguintes:

Horarios de Acollida Actualizados Curso 2020-2021

Presentamos os horarios de acollida actualizados a 14/09/2020 correspondentes ao novo curso académico 2020-2021. Para poder ver os horarios prema no seu enlace correspondente. Lembre premer no botón Ler Máis para poder ver todo o contido desta páxina.

F.P. BÁSICA

F.P. BÁSICA - Prazos para o curso 2020-21

Documento cos prazos para o curso 2020-2021 no correspondenteá F.P. Básica.

Pode ver o documento en formato pdf premendo neste enlace ou na imaxe de abaixo.

Calendario Probas Libres 2020

Información sobre as probas libres de Ciclos Formativos, Setembro 2020, e sobre a Xornada de Acollemento. Para poder ver a información, faga clic nas ligazóns correspondentes.

- Ver información sobre a Xornada de Acollemento. Martes 1 de setembro 2020, ás 09:30 h na Sala de Reunións (Aula 008).

Bolsas de axuda ao estudo curso 2020-2021

De seguido amosamos as instruccións para poder aceder ás bolsas de axuda ao estudo para este vindeiro curso 2020-2021. Faga clic na seguinte ligazón ou na imaxe para poder ver o documento.

Bolsas de axuda ao estudo. Instruccións.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS