Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Guía para facer a matrícula en 2º de Ciclos Medios e Ciclos Superiores

Desde secretaría facilítannos unha guía para que o alumnado que pasa a 2º de Ciclos Medios ou ben a 2º de Ciclos Superiores, realice a matrícula. Recomendámosche que o leas e que traias a documentación requerida. Desta maneira só tés que vir unha vez e evitamos aglomeracións de solicitantes.

 

Guía para facer a matrícula en 2º de FP Básica

Desde secretaría facilítannos unha guía para que o alumnado que pasa a 2º de FP Básica, realice a matrícula. Recomendámosche que o leas e que traias a documentación requerida. Desta maneira só tés que vir unha vez e evitamos aglomeracións de solicitantes.

 

 

Guía para facer a reserva de praza en ordinario e para persoas adultas

Desde o departamento de Orientación elaborouse unha guía moi detallada sobre como facer a reserva de praza en ciclos formativos no réxime ordinario e máis no de persoas adultas. 

Esperamos que vos sexa de axuda.

 

A empresa CRC fai prácticas de manobras eléctricas AT en altura no CIFP Coroso

A empresa CRC con base en Ordes, aproveitou as instalacións do CIFP Coroso para a fase de prácticas de manobras de alta tensión en altura dos seus cursos de formación interna.

Desde o CIFP Coroso queremos agradecer a oportunidade que dan aos nosos alumnos para ollar en directo algunhas das tarefas máis habituais do seu traballo.

 

Convócanse as probas libres de títulos de FP LOE

Convocadas as probas libres para as titulacións FP LOE. As solicitudes poderán presentarse nas secretarías de calquera centro público de FP con oferta de probas libres para a obtención de títulos LOE.

Máis información clicando nesta ligazón ou na imaxe.

Accións formativas dirixidas a persoas desempregadas: AFD 2021

OFERTA DE CURSOS AFD ( Actividades Formativas para Desempregados/as) no CIFP Coroso para o ano 2021.
Ofértanse 3 cursos para desempregados no CIFP Coroso, totalmente  gratuítos e de Nivel II.

Máis información clicando no logo ou descargando este documento.

8M - Mulleres loitadoras do CIFP de Coroso

Neste ano tan diferente, as nosas campionas amósannos que podes alcanzar os teus soños se loitas por eles. Descubre as súas historias premendo AQUÍ

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS