PD - Carrozaría
Que se aprende a facer? |
Realizar as operación de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipamentos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental. | |||
En que ámbitos se traballa? |
Nas industrias de construción e mantemento de vehículos, na área de carrozaría, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas, e ferrocarrís, así como noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de chapa, transformacións e adaptacións de carrozarías, adaptacións e montaxe de equipamentos de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e da construción, en vehículos pesados, e na construción e reparación de elementos de fibra, compostos e pintura. | |||
Que ocupacións se desempeñan? |
Chapista reparador/ora de carrozaría de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e obras públicas, e material ferroviario. Instalador/ora de cristais e montador/ora de accesorios. Pintor/ora de carrozaría de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e obras públicas, e material ferroviario. | |||
Cales son os módulos deste ciclo? |
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. | |||
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas | |
- | MP0254 | Elementos amovibles | 212 | |
- | MP0256 | Elementos fixos | 267 | |
- | MP0255 | Elementos metálicos e sintéticos | 267 | |
- | MP0261 | Formación e orientación laboral | 107 | |
- | MP0260 | Mecanizado básico | 107 | |
- | MP0258 | Elementos estruturais do vehículo | 193 | |
- | MP0259 | Embelecemento de superficies | 212 | |
- | MP0262 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | |
- | MP0257 | Preparación de superficies | 172 |