Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Modular Instalacións Frigoríficas e Climatización

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos
se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.
Que ocupacións
se desempeñan?
Instalador/ora frigorista en instalacións comerciais; mantedor/ora frigorista en instalacións comerciais; instalador/ora frigorista en procesos industriais; mantedor/ora frigorista en procesos industriais; instalador/ora ou montador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais; mantedor/ora ou reparador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP0039 Configuración de instalacións de frío e climatización 107
  MP0043 Formación e orientación laboral 107
  MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 266
  MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 240
  MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 240
  MP0044 Empresa e iniciativa emprendedora 53
  MP0040 Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial 157
  MP0042 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción 210
  MP0041 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais 210