Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Proceso e Calidade na Industria

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
En que ámbitos
se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.

Que ocupacións
se desempeñan?
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén; xefe de quenda; supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos; encargado/a de produción; encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos; técnico/a en análise de alimentos; técnico/a en análise sensorial; técnico/a en laboratorio de control de calidade; inspector/ora ou auditor/ora de calidade; encargado/a da xestión da seguridade alimentaria; encargado/a de aprovisionamentos; encargado/a da liña de envasamento e embalaxe; encargado/a de control ambiental e seguridade laboral; técnico/a comercial.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
   MP0464 Análise de alimentos 160
   MP0463 Biotecnoloxía alimentaria 107
   MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133
   MP0465 Tratamentos de preparación e conservación de alimentos 160
  MP0466 Organización da produción alimentaria 107
   MP0468 Nutrición e seguridade alimentaria 107
   MP0470 Innovación alimentaria 79
   MP0472 Formación e orientación laboral  107
   MP0084 Comercialización e loxística na industria alimentaria  123
   MP0467 Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos 107
   MP0474 Formación en centros de traballo  384
   MP0469 Procesos integrados na industria alimentaria  87
   MP0473 Empresa e iniciativa emprendedora 53
   MP0465 Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos 160
   MP0086 Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 87