Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Dual Elaboración de Produtos Alimentarios

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos
se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción..
Que ocupacións
se desempeñan?
Elaborador/ora de produtos alimentarios; operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios; operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe; recepcionista e almaceneiro/a; subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción; dosificador/ora; supervisor/ora de liña.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP0147 Formación e orientación laboral 107
  MP0141 Materias primas na industria alimentaria 267
  MP0142 Operacións de acondicionamento de materias primas 213
  MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
  MP3136 Operacións e controlo de almacén na industria alimentaria  80
  MP0143 Tratamentos de transforformación e conservación  240
  MP0116 Principios de mantenemento electromecánico  105
  MP0144 Procesamento de Productos alimentarios  175
  MP0145 Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria  227
  MP0146 Venda e Comercialización de productos alimentarios 70 
  MP0148 Empresa e Iniciativa Emprendedora  53