PD - Instalacións Eléctricas e Automáticas
Que se aprende a facer? |
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio. | |||
En que ámbitos se traballa? |
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea. | |||
Que ocupacións se desempeñan? |
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica. | |||
Cales son os módulos deste ciclo? |
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. |
|||
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas | |
1º | MP0232 | Automatismos industriais | 213 | |
1º | MP0233 | Electrónica | 107 | |
1º | MP0234 | Electrotecnia | 213 | |
1º | MP0241 | Formación e orientación laboral | 107 | |
1º | MP0235 | Instalacións eléctricas interiores | 320 | |
2º | MP0242 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | |
2º | MP0243 | Formación en centros de traballo | 410 | |
2º | MP0237 | Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios | 123 | |
2º | MP0236 | Instalacións de distribución | 155 | |
2º | MP0238 | Instalacións domóticas | 123 | |
2º | MP0239 | Instalacións solares fotovoltaicas | 53 | |
2º | MP0240 | Máquinas eléctricas | 123 |