Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Mantemento de Vehículos

Que se aprende
a facer?
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos
se traballa?
 No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas
Que ocupacións
se desempeñan?
Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios; operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de taller de mecánica rápida.
Cales son os
módulos deste
ciclo?
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia
  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP3044 Amovibles 175
  MP3011 Comunicación e sociedade I 206
  MP3043 Mecanizado e soldadura 175
  MP3045 Preparación superficies 146
  MP3019 Ciencias aplicadas I 162
  MP3012 Comunicación e sociedade II 135
  MP3046 Electricidade do vehículo 165
  MP3047 Mecánica do vehículo 246
  MP3068 Ciencias aplicadas II 162 
  MP3049 Formación en centros de traballo 320