CICLO MEDIO FORMATIVO EN COLABORACIÓN CO GRUPO JEALSA
O vindeiro XOVES 20 DE XUÑO, organizamos unha charla con Alejandro Dopazo, coordinador da planta Industrial do Grupo Jealsa. Terá lugar ás 10.00 da mañá na Biblioteca do noso centro. Informará aos interesados/as sobre o novo ciclo medio de MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO CON SEGURIDADE ALIMENTARIA que se impartirá o vindeiro curso. Un novo ciclo Dual Intensivo e que ten convenio co Grupo Jealsa.