LIBROS AO CLAREO - DIA DO LIBRO 2024
No CIFP Coroso queremos celebrar o Día Internacional do Libro coa exposición "Libros ao clareo" que se montou na entrada do centro novo. Ali poderanse ver as recomendacións literarias do noso alumnado e membros da comunidade educativa. Animávosvos a visitala.
NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS BIBLIOTECA CURSO 2023-24
Achegamos a nova guía de novidades e recomendacións de lectura para este curso 2023-24 realizada pola Biblioteca do CIFP Coroso. Prema nesta ligazón ou na imaxe para ver a guía.
NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS CURSO 2022/23
Achegamos a nova guía de novidades e recomendacións de lectura para este curso 2022-23 realizada pola Biblioteca do CIFP Coroso. Prema nesta ligazón ou na imaxe para ver a guía.
Páxinas
DIA MUNDIAL CONTRA O ACOSO E CIBER ACOSO ESCOLAR
Con motivo do Día 2 de Maio " Día Mundial contra o acoso e ciberacoso escolar" celebramos con 1º FPB e alumnado de 1º ESO do IES N.1 un obradoiro para previr e detectar o acoso nos centros.
Contamos coa testemuña de 2 persoas que contaron a súa experiencia e como lles afectou na súa vida. E tamén se ofreceron ferramentas e recursos para a comunidade educativa.
No CIFP Coroso queremos celebrar o Día Internacional do Libro coa exposición "Libros ao clareo" que se montou na entrada do centro novo. Ali poderanse ver as recomendacións literarias do noso alumnado e membros da comunidade educativa. Animávosvos a visitala.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Con motivo do Día Internacional do Libro (23 de abril), participa facendo a recomendación dun libro que che gustase.
Podes atopar aqui a plantilla para así empregala como formato. Anímate!! a túa recomendación terá un premio seguro.
Todas as recomendacións do alumnado e membros da comunidade educativa, serán "colgados" na entrada do centro novo.
Celebra o 23 de abril recomendando o teu libro favorito!
Tódalas persoas que formamos esta comunidade educativa podemos participar!
Como facelo? Hai dúas formas, elixe a que prefiras:
1 - Cumprimentar un modelo como esta plantilla, indican o título, unha foto do libro, un comentario e o teu nome e apelidos. Unha vez feito pásao a PDF.
… ou ...
2 - Grávate nun vídeo portando o libro e facendo un comentario sobre o mesmo. Duración: non superior a 1 minuto.
Tes que mandar o teu vídeo/documento PDF ao e-mail da biblioteca:
biblioteca.cifp.coroso@edu.xunta.gal
A data tope para remitir é o venres día 19 de abril.
O alumnado que participe recibirá un vale para un bocadillo e unha auga da cafetería do centro que poderán recoller na biblioteca ou en Orientación unha vez entregada a recomendación. A maiores participará no sorteo do libro “Memoria do silencio”.
O profesorado/persoal non docente que participe recibirá un agasallo sorpresa!
Tódalas recomendacións serán expostas durante a semana do 23 de abril na entrada do centro e os vídeos, ademáis de proxectalos na pantalla da entrada, serán subidos ao IG da Biblioteca.
OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE E AUTO ESTIMA
O pasado xoves 21 de marzo desenvolveuse un Obradoiro sobre Sexualidade e Auto Estima co alumnado de 2º FPB impartido por Laura Veiga, sexóloga e xornalista. Un total de 20 alumnos/as recibiron esta formación durante 2 horas.
DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O CIFP Coroso vai celebrar as II Xornadas do Día Internacional da Muller e Nena na ciencia. Durante o 8 e 9 de febreiro, cada familia profesional do centro fará exposicións e experimentos en directo para amosar a importancia que ten a ciencia en cada ciclo formativo. Prema aquí para ver o programa completo.
DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO
Con motivo do día das Bibliotecas , 24 de outubro e baixo o lema " Unha biblioteca diversa: un mundo por explorar" o noso alumnado de FPB desfrutou visionando a película Billy Elliot. Xa que este ano nos centrámos na igualdade, respecto e diversidade entre as persoas.
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2023 NO CIFP COROSO
Ven a celebrar o Día das Letras Galegas! A biblioteca énchese de música e dos paxariños piadores de adeus ríos, adeus fontes...
Este ano, o 17 de maio trae no peto unha triple celebración. Homenaxemos a Francisco Fernández del Riego escritor, intelectual e político autor dunha extensa obra centrada principalmente na cultura e na literatura galega. Xunto a Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre outros intelectuais galegos, é un dos artífices da editorial Galaxia.
No 2023 cúmprense 60 anos da primeira celebración do 17 de maio, día elexido porque, en tal data (o 17 de maio de 1963) se cumprían 100 anos da publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento cultural de Galicia.
23 DE ABRIL - CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
EXPOSICIÓN-CONCURSO "LIBROS AO CLAREO"
Vai chegando o 23 de abril, Día do Libro, e imos celebralo coa nosa tradicional exposición de "Libros ao clareo". Todos os membro desta comunidade educativa están convidadas e convidados a participar enviando ao correo da bibloteca biblioteca.cifp.coroso@edu.xunta.gal unha recomendación sobre un libro e do que se queira que os demáis poidamos disfrutar tamén.
Todas as recomendacións serán expostas na entrada do centro novo, e só por participar recibirás un pequeno agasallo. A data tope para enviar a proposta é o 21 de abril.
Se precisas máis información, atoparala tanto na Biblioteca como na Web do centro, na que tamén está o modelo para poder participar. Anímate a compartir as túas experiencias lectoras e celebra o Día do Libro!
VISITA DO ALUMNADO DO C.E.I.P.P. DE PALMEIRA
VIDA SUBMARIÑA E PROTECCIÓN DOS MARES
Os días 12 e 13 de abril visitaron o CIFP Coroso os nenos/as de 3º e 4º do CEIPP Palmeira que están realizando un proxecto sobre a vida submariña e protección dos mares. Na súa visita coñeceron de primeira man o traballo que se realiza nun laboratorio, nunha planta alimentaria e tamén a aplicación da robótica na empresa.