UNHA AVENTURA SOSTIBLE: GREEN DIVING E O SEU IMPACTO POSITIVO NA FP
Este pasado xoves día 15 de febreiro, houbo unha charla para presentar o proxecto Green Diving na biblioteca do CIFP Coroso, evento no cal particparon varios invitados.
Esta charla está englobada no Plan de acción para escolas marítimas de FP máis ecolóxicas. Co-deseñar un plan de acción para escolas marítimas de FP máis verdes para a promoción de medidas, pasos, iniciativas e cambios que permitan a adaptación das institucións ante os cambios e novos desafíos ambientais. Os alumnos da Escola Oficial Marítimo Pesqueira de Ribeira foron os destinatarios de esta charla de difusión do proxecto.
Tratando a concienciación medioambiental en:
- Sensibilización microplásticos.
- Procesos de cambio de aceite de cola foraborda.
- Impacto dos materiais de construción en embarcacións.
Ver noticia na TV Canal Barbanza
Ver cartaz co programa da charla no CIFP Coroso.