CHARLA SOBRE TÉCNICAS MOLECULARES DE LABORATORIO
"Uso das ferramentas moleculares na rastrexabilidade dos produtos da pesca e acuicultura" na que os profesores Manuel Rey Méndez e Nieves González Henriquez nos falaron da importancia das técnicas moleculares de laboratorio, tales como a reacción en cadea da polimerasa (PCR), ou a electroforese na industria alimentaria. Estas técnicas contan hoxe en día con ampla aplicación, por exemplo, na determinación xenética das especies, o que nos leva a poder identificar o tipo de peixe que se usa nunha conserva, e evitar así posibles fraudes. Outro exemplo atopámolo no uso dos polimorfismos de nucléotido únicos (SNPs) para determinar o lugar de procedencia de determinados peixes/mariscos, e determinar así, por exemplo, se un berberecho é de procedencia galega, portuguesa ou francesa.