Xornadas de acollemento ao novo curso escolar 2021-22
Publícanse as datas e aulas da xornada de acollemento dos diferentes grupos.
É importante recordar que seguen activas as medidas de prevención contra a COVID-19, polo que:
- As entradas ao centro faranse polas portas de entrada indicadas (centro novo ou centro vello), de xeito escalonado e con puntualidade a fin de evitar agolomeracións.
- É obrigatorio o uso de máscara e gardar a distancia interpersoal dentro das instalacións, o que inclúe evitar aglomeracións en escaleiras, pasillos e entradas das aulas.
- Débese lavar as mans na entrada do edificio e ao acceder ás aulas hixienizar tamén o posto.
- A titora ou titor dará indicacións durante a acollida acerca do protocolo a seguir durante o curso. Estas instruccións están dispoñibles tanto nas aulas como na páxina web do centro.
- En caso de presentar síntomas compatibles con COVID-19 (febre, tose seca, dificultade respiratoria, cansazo, etc) DEBE porse en contacto co seu centro médico e NON DEBE acceder ao centro, comunicándoo aos responsables do mesmo por teléfono (881 866 874) ou correo electrónico (cifp.coroso@edu.xunta.es).
CM e CS 15 de Setembro Centro Novo |
CM e CS 15 de Setembro Centro Vello |
Ciclos Dual 20 de Setembro |
FP Básica 20 de Setembro |