Xornadas formativas sobre Bomba de calor aerotérmica
Os días 28 e 29 de Xullo celebráronse no CIFP Coroso unhas xornadas de formación e actualización sobre bombas de calor aerotérmicas, organizadas pola empresa DIELECTRO, impartidas por persoal especializado do fabricante BAXI e dirixidas aos instaladores da comarca do Barbanza. A asistencia foi previa inscrición e o aforo limitado. Aínda así, asistíu unha boa representación dos instaladores da bisbarra, así como profesorado do Dept. de IMA do CIFP Coroso.