PD - Proceso e Calidade na Industria
Que se aprende a facer? |
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación. | |||
En que ámbitos se traballa? |
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa. |
|||
Que ocupacións se desempeñan? |
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén; xefe de quenda; supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos; encargado/a de produción; encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos; técnico/a en análise de alimentos; técnico/a en análise sensorial; técnico/a en laboratorio de control de calidade; inspector/ora ou auditor/ora de calidade; encargado/a da xestión da seguridade alimentaria; encargado/a de aprovisionamentos; encargado/a da liña de envasamento e embalaxe; encargado/a de control ambiental e seguridade laboral; técnico/a comercial. | |||
Cales son os módulos deste ciclo? |
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. |
|||
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas | |
- | MP0464 | Análise de alimentos | 160 | |
- | MP0463 | Biotecnoloxía alimentaria | 107 | |
- | MP0191 | Mantemento electromecánico en industrias de proceso | 133 | |
- | MP0465 | Tratamentos de preparación e conservación de alimentos | 160 | |
- | MP0466 | Organización da produción alimentaria | 107 | |
- | MP0468 | Nutrición e seguridade alimentaria | 107 | |
- | MP0470 | Innovación alimentaria | 79 | |
- | MP0472 | Formación e orientación laboral | 107 | |
- | MP0084 | Comercialización e loxística na industria alimentaria | 123 | |
- | MP0467 | Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos | 107 | |
- | MP0469 | Procesos integrados na industria alimentaria | 87 | |
- | MP0473 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | |
- | MP0465 | Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos | 160 | |
- | MP0086 | Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria | 87 |