Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.
En que ámbitos
se traballa?

Este profesional exerce a súa actividad de en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e confins especiais, á instalación de sistemas do móticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.

Que ocupacións
se desempeñan?
Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de red es eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; en cargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en red es eléctricas de distribución en bai xa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  -  MP0527 Formación e orientación laboral 107
  -  MP0517 Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións 187
  -  MP0520 Sistemas e circuítos eléctricos 213
  -  MP0521 Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas 213
  -  MP0518 Técnicas e procesos en instalacións eléctricas 240
  -  MP0523 Configuración de instalacións domóticas e automáticas 140
  -  MP0524 Configuración de instalacións eléctricas 140
  -  MP0522 Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación  122
  -  MP0519 Documentación técnica en instalacións eléctricas  105
  -  MP0528 Empresa e iniciativa emprendedora 53
  -  MP0526 Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados  26
  -  MP0602 Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas  70