Equipo de dinamización lingüística
Dinamización
O Samaín no CIFP Coroso
QUERES DESCUBIR O TERROR?, pásate pola Biblioteca do CIFP Coroso... Animámosvos a que pasedes pola Biblioteca neste Samaín, e tamén convidarvos a unha degustación que terá lugar o vindeiro mércores día 3 de novembro no patio cuberto (a carón da cafetería), en horario de 11 a 12 h da mañan. Agardámosvos !!!
23 de Abril - Día Mundial do Libro
O vindeiro 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, e dende o CIFP Coroso, queremos que participes na 3ª edición de Libros ao Clareo. Máis información clicando aquí ou na imaxe.
Descarga o modelo de participación neste certame clicando neste texto.
11 de febreiro - Día da Muller e da Nena na Ciencia
- Clica nas imaxes para descargar os arquivos en formato pdf.
Ainda que se asocie a ciencia a estudos de física, química ou bioloxía, os nosos ciclos están sustentados, apoian e contribúen tamén á ciencia dun xeito máis tecnolóxico e práctico.
Aquí vos deixamos algunhas das opcións que o CIFP Coroso oferta para as nosas futuras mulleres nas ciencias.
Tamén recomendamos que lle botedes un ollo ao artigo sobre as mulleres de Nobel na guía outono-inverno 2020, que podedes atopar AQUÍ.
A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.
Celebramos o Día escolar da NON VIOLENCIA e da PAZ
Dende o C.I.F.P. Coroso queremos celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ o vindeiro 30 DE XANEIRO. Colocaremos un gran mural no Centro Novo para que calquera membro da comunidade educativa poida pegar unha mensaxe sobre o que considera el/ela sobre a PAZ.
Tamén pegaranse pombas brancas como símbolo de paz nas instalacións do centro. Esas pombas adhesivas en vinilo serán deseñadas polo Dpto. de Mantemento de Vehículos.
Vinilos deseñados e creados polo Dpto. de Transporte e Mantemento de Vehículos do C.I.F.P. Coroso.
CIFP COROSO e AMICOS compartiron unha xornada de traballo conxunto
O pasado 5 de marzo, alumno de FP Básica do CIFP Coroso visitaron o centro de atención integral Amicos de Comoxo, en Boiro. Eis a noticia publicada en O Barbanza.
Concurso de carteis para o Dia Internacional da Muller
No CIFP Coroso organízase un concurso de carteis para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso está aberto á participación de toda a comunidade educativa. Podes consultar aquí mesmo as bases, ou preguntando na biblioteca. Anímate e presenta o teu carteL !!!
Bases para participar no concurso de carteis do 8 de marzo.