Oferta formativa
No CIFP Coroso cóntase coa seguinte oferta formativa:
RÉXIME ORDINARIO:
En horario de : 08:30 a 15:00 h
TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS:
- F.P.B. Mantemento de vehículos.
- F.P.B. Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.
- C.M. Electromecánica de vehículos automóbiles.
- C.M. Carrozaría.
- C.S. Automoción (Réxime Dual e Ordinario)
ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA:
- C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.
- C.S. Automatización e Robótica Industrial
INSTALACIÓNS E MANTEMENTO:
- C.M. Instalacións frigoríficas e de climatización
- C.S. Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
INDUSTRIAS ALIMENTARIAS:
- F.P.B. Industrias alimentarias.
- C.M. Elaboración de produtos alimentarios (Réxime Dual )
- C.S. Procesos e calidade na industria alimentaria (Réximes Dual e Ordinario)
EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL:
- C.M. Obras de interior, decoración e rehabilitación (Réxime Dual)
REXIME ADULTOS (OFERTA MODULAR):
En horario de : 17:30 a 22:00 h
- C.M. Instalacións eléctricas e automáticas
- C.M. Instalacións Frigoríficas e de climatización
- C.M. Instalacións de Produción de Calor
Pódese consultar máis información dentro de cada unha das familias profesionais. (Menú "Formación")
OUTRAS OFERTAS:
FORMACIÓN CONTINUA
Enfocada a traballadores en activo, mediante accións formativas demandadas polas empresas do entorno.
FORMACIÓN OCUPACIONAL
Dirixida a persoas en situación de desemprego. Promovidos polas Consellerías de Traballo e de Educación a través das oficinas de emprego e/o selección nocentro.
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
O CIFP Coroso é a sede acreditadora/avaliadora onde se desenvolve o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación das competencias profesionais por experiencia laboral e/ou por formación.
CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Información sobre certificados de profesionalidade.
PROBAS DE ACCESO
Sede comarcal para a realización de probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior
PROBAS LIBRES
Celebración de probas libres para a obtención de títulos de F.P.