U-los Mariñeiros
Enviado por josean o Mér, 01/05/2024 - 14:04Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción. Estas son as familias mariñeiras de Marín. Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.
Visita o teu Sequelo polo 50 aniversario
Enviado por inesduran o Mar, 30/04/2024 - 13:19Faro Fisterra
Enviado por laurarialf o Sáb, 27/04/2024 - 12:10Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!
Cal será o próximo...?
Visita de Luís Davila, "O Bichero"
Enviado por inesduran o Ven, 26/04/2024 - 20:55Listaxe provisional admitidos curso 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 26/04/2024 - 11:29As solicitudes de admisión presentadas no noso centro para Educación Primaria están todas admitidas.
As solicitudes de admisión presentadas para Educación Infantil hai que consultalas no taboleiro.
Poden ver as listaxes no taboleiro da secretaría do centro cumprindo o seu horario (de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas e de martes a venres de 13:10 a 14:00 horas).
Charlas para familias
Enviado por Ruth o Xov, 25/04/2024 - 08:11O CFR de Pontevedra e o Concello de Marín organizan 2 charlas para as familias interesadas. Contan con servizo de ludoteca gratuíto.
Coñecendo a Luís Davila
Enviado por inesduran o Mér, 24/04/2024 - 20:56Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 15:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2024-2025
Enviado por xose o Mér, 24/04/2024 - 11:52A convocatoria para o curso 2024 - 2025 publicouse o 19 de abril de 2024, e a axuda pódese pedir do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:
Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe
Altas capacidades
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez completado, hai que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo.
Toda a información neste enlace.
Obradoiro de Cómic
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 21:57Xogando con Tuxiña na Biblioteca
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 21:42Videopoema "Somos un"
Enviado por josean o Sáb, 20/04/2024 - 09:25Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Diego BookTuber
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:57Un Booktube especial: á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube
Sequelo Booktubers II
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:53Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.
Issam:
Joel:
Leire:
María:
Martín:
Sequelo Booktubers I
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:06Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:
Ainhara 5º
Alonso 5º
Álvaro:
Ángel:
Darío:
Desireé:
O sequelo cociña...edición pascua
Enviado por laurarialf o Mér, 17/04/2024 - 15:28Chegamos coa última entrega deste curso do Sequelo cociña! Esta vez, os nenos e nenas máis maiores do cole aproveitaron o descanso de semana santa para facer unhas receitas moi deliciosas. Dádelle ao play e descubride a variedade de sobremesas que nos traen!
Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!
Unha Dorna de Libros na Alameda de Marín
Enviado por inesduran o Mér, 17/04/2024 - 13:29Unha segunda vida para os teus libros.
A Asociación de Mulleres de Marín propón esta actividade para a semana do libro na
Alameda de Marín.
ANIMÁDEVOS A LER
Xincana de Orientación en Briz
Enviado por inesduran o Mér, 17/04/2024 - 13:07Tarxetas de felicitación creativas
Enviado por josean o Lun, 15/04/2024 - 22:53A partir do traballo dos de 5º en Digicraft creáronse estas divertidas tarxetas de felicitación.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »