Listaxe de libros e materiais curso 2024-2025
Enviado por Ruth o Mér, 26/06/2024 - 18:18Aquí poderedes atapar o listado de libros de texto e de materias para o curso 2024-2025.
AVISO: os ISBN dos activity book eran erróneos, a mestra comunicará os correctos vía Abalar
Comedor escolar
Enviado por Belen o Mér, 10/07/2024 - 15:10Familias:
Deixamos a enquisa para anotarse ao comedor escolar e mais información no arquivo adxunto.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc4upFsbV0MxS8lbvYdRdiCzjHGJVapfhkdsWejXtZreW6BmQ/viewform
(ANPA AIDÓN)
Actividades Extraescolares curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 10/07/2024 - 15:08Familias:
Deixamos a enquisa para apuntarse ás actividades extraescolares e no arquivo adxunto mais información.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScJNVqhmQrty7eyIiPhiuhsWPLUoEvY8CEnZRWHylKJEaBIuA/viewform
(ANPA AIDÓN)
HORARIO SECRETARÍA XULLO
Enviado por Belen o Mar, 02/07/2024 - 13:14HORARIO SECRETARÍA XULLO (DO 1/07 AO 15/07)
DE 10:00 A 13:00 HORAS
Proxectos Acnur
Enviado por josean o Lun, 01/07/2024 - 00:02Este ano formamos parte do Aprende Programando dentro do Plan Proxecta e estas foron as animacións e xogos de preguntas que levaron a cabo os nosos alumnos centrados no tema dos refuxiados.
Acnur cambia o destino dos refuxiados
Xogo de preguntas do río Lameira
Enviado por josean o Dom, 30/06/2024 - 23:53Amósalle aos nenos de 5º, que prepararon este xogo de preguntas, todo o que sabes sobre o río Lameira.
Os faros con Intelixencia Artificial
Enviado por laurarialf o Mér, 26/06/2024 - 16:21Despois de todo curso traballando os faros, aproveitamos o último día para traballar coa Intelixencia Artificial e crear un cartel. Pensamos como queríamos que fose e logo elaboramos a súa descrición para darlle clic e agardar para ver o que saía e... aquí tendes o resultado!
Cartel de Enzo:
Cartel de Brais:
E agora si que xa damos por rematado este proxecto!
BO VERÁN!
Saída de Fin de Curso
Enviado por inesduran o Mar, 25/06/2024 - 11:37Malabarismos por fin de curso
Enviado por inesduran o Mar, 25/06/2024 - 09:57Prazos Fondo Libros e material escolar- Entrega de vales
Enviado por Belen o Sáb, 22/06/2024 - 09:18Prazos estimados para o procedemento de participación no fondo solidario
de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material
escolar
VENRES 21/06: ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR
SOLICITUDES
MARTES 25/06: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS
DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
26/06 E 27/06: RECLAMACIÓNS
28/06: LISTAXE DEFINITIVA
1/07 AO 12/07: ENTREGA DE VALES (DE 10:00 a 12:00
HORAS)
2/09 AO 6/09: ENTREGA DE VALES (DE 9:00 a 10:00
HORAS)
-
OS LIBROS DE TEXTO ENTREGARAOS O TITOR/A A
-
PRIMEIRA SEMANA LECTIVA
MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 21/06/2024 - 08:30DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
1- FORMULARIO QUE SE ENTREGA NA SECRETARÍA.
2- FOTOCOPIA DNI ALUMNO/A, PAI, NAI OU TITORES LEGAIS.
3- FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA.
4- 4 FOTOGRAFÍAS TIPO DNI.
DATA DE PRESENTACIÓN: DENDE O DÍA 20 ATA O 30 DE XUÑO.
CUMPRIR HORARIO DE SECRETARÍA.
NA ERMIDA DE SAN SIMÓN
Enviado por josean o Ven, 21/06/2024 - 00:26Como podiamos ir á Illa de San Simón e non pasar pola Ermida onde Mendiño compuxo no s. XIII a máis célebre das súas cantigas e alí diante de San Simón recitalas, polo menos un anaco.
A cápsula do tempo.
Enviado por Miguel o Xov, 20/06/2024 - 20:32Estes últimos días de curso, o alumnado de 2º de primaria aproveitou unha actividade de Lingua Galega para facer a súa pequena cápsula do tempo. Abrirémola o 12 de xuño de 2028, cando estean en 6º de primaria.
Faros de Galicia: Faro de Cabo Home
Enviado por laurarialf o Sáb, 15/06/2024 - 13:01Estamos a piques de comezar a última semana do curso e aquí vos deixamos o noso último faro, moi preto do noso concello.
Agardamos que vos gustasen moito todos os nosos faros e aprendésedes tanto coma nós. Detrás de cada vídeo hai moitas horas de traballo: búsqueda de información, selección da información importante, elaboración do texto, gravación na radio (que non sempre saíu ben á primeira, pero rímonos moito!) e elaboración da presentación.
Dádelle ao play e aprendede as últimas curiosidades dos faros deste curso!
Ata outra!
Xornada de Convivencia cos nenos e nenas de 6ºEI do Carballal
Enviado por laurarialf o Sáb, 15/06/2024 - 12:52Este xoves, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial: os compis de 6ºEI do Carballal! Viñeron ata o noso cole para pasar unha divertida xornada de convivencia: contámoslle o conto de “unha eiruga moi larpeira” e eles a nós unha adaptación de “A mosca chosca”. Ao rematar xa era hora de merendar, polo que lle preparamos unha rica e saudable merenda con moita froita. Unha vez que xa tiñamos a barriga chea, puxémonos todos e todas xuntas a xogar. Oxalá se puidesen quedar máis tempo, pasámolo moi ben!
Grazas por vir e ata a próxima!
Os faros de Galicia: A Torre de Hércules
Enviado por laurarialf o Sáb, 15/06/2024 - 11:57Hoxe Brais e Enzo fálannos dun lugar que seguro que a maioría de vós coñecedes, pero... sabiades todas estas cousas? Dádelle ao play e descubrirédelo!
Ata o próximo faro!
Debate na beira
Enviado por josean o Lun, 10/06/2024 - 00:07O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.
Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.
IA á beira do Lameira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 13:32Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción". Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.
A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...
Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada
Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona
Por Narises
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 12:35"Por Narises" está pensado para levar ao Certame Ai Mosa, de Moaña. Baseado nun vello conto popular galego do que con anterioridade xa fixeramos unha curta, hai anos. Esta curta é por tanto, en toda regra, un remake.
Gravada á beira do Río Lameira e a carón do muíño do Sequelo, grazas á amabilidade do señor José, que nos deixou a leira anexa para gravar. Ás agrícolas ferramentas foron aportadas por María a coidadora e Laura, a profe de AL.
Agora temos que traballar sobre ela para ver de analizar o Raccord e a montaxe, para futuros proxectos.
AI MOSA
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 09:47Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana. En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.
Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.