Día Internacional da Muller 2021: Un pouco de historia
Enviado por Anónimo o Sáb, 06/03/2021 - 19:04Como xa sabedes o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, para que coñezades un pouco máis sobre a data, deixámosvos dous vídeos explicativos.
O primeiro é unha breve historia de porque o 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller; unha data na que se celebran os logros acadados na loita pola igualdade. Tamén é un día reivindicativo polas discriminacións que aínda perduran na sociedade.
O segundo, fálanos dalgunhas mulleres que fixeron historia para que hoxe o movemento feminista cobre máis forza.
No "Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística" hai dúas entradas con enlaces de interese, por se queredes saber un pouco máis sobre a data.
Alborada de Rosalía 2021
Enviado por josean o Mér, 03/03/2021 - 22:15A partir das nubes de palabras que fomos realizando individualmente para cada anaquiño de poema, xunto co uso da radio para grabar as voces, tratando o texto dos videos con ciberlink,e a partir da inspiración dun vídeo de finais dos 80 dos Talking Heads e co fondo musical doado polo gaiteiro Jose Francisco Gil coa gaita Marañona, a máis antiga de Marín (que pode ter máis de douscentos anos), os nenos construíron este videopoema.
Día de Rosalía 2021. Nubes de palabras coas palabras de Rosalía
Enviado por Anónimo o Lun, 01/03/2021 - 00:00Para conmemorar este ano o Día de Rosalía o alumnado creou estas nubes de palabras; como veredes uns preferiron crealas de xeito manual dándolle un enfoque máis persoal, e outros probaron sorte co dixital utilizando diversos xeradores de nubes de palabras. Nos dous formatos quedaron xenial, aquí tendes unha mostra do resultado.
Así é o noso colexio
Enviado por Anónimo o Dom, 28/02/2021 - 21:45Xa que se abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021-2022, e debido á situción de pandemia en que continuamos, non podemos facer xornadas de portas abertas como sería o noso desexo; deixámosvos unha mostra de como é o noso colexio e o noso traballo.
Esperamos que vos guste e que sexamos a vosa primeira opción.
Aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2021/2022
Enviado por Anónimo o Dom, 28/02/2021 - 10:48Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza para novo alumnado no noso centro de para o próximo curso 2021/2022.
As solicitudes (formulario ED550B) poderán presentarse en papel na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Este formulario pódese recoller no centro ou descargar no arquivo adxunto.
De forma telemática:
- Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)
Xunto co formulario debidamente cumprimentado deben presentar:
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
- Copia do DNI dos proxenitores e/ou titores legais.
- Se se trata dun cambio de centro certificado de matrícula.
- En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.
Deixamos os arquivos adxuntos con toda a documentación relacionada con este proceso, e o formulario de admisión.
Día Mundial das Enfermidades Raras (28 febreiro)
Enviado por xose o Xov, 25/02/2021 - 09:45Sabías que só en España hai máis de 3 millóns de persoas que padecen enfermidades raras?
Cada ano, o 28 de febreiro, celébrase o Día Internacional das Enfermidades Raras, co obxectivo de crear conciencia e axudar a todas as personas que padecen esta condición a recibir o debido diagnóstico e tratamento para garantirlles unha vida mellor.
Na web diainternacionalde temos información básica para saber máis.
E tamén na web de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) podemos descargar materiais da campaña.
PROPOSTA:
Sumámonos á proposta da ANPA Aidón, do CEP Sequelo, para que nos comentedes nesta entrada se coñecedes alguha enfermidade rara ou algunha persoa que a padeza e cal é a vosa experiencia en relación con ela. Tamén o podedes comentar no Facebook da ANPA Aidón.
DIA DE ROSALÍA
Enviado por Anónimo o Mér, 24/02/2021 - 01:34Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Con ela rexurdiu e acadou os cumes máis altos a literatura galega. Este ano celebrámolo con "Nubes de palabras".
O ENTROIDO DO MORRAZO. Libro dixital colaborativo
Enviado por Anónimo o Lun, 22/02/2021 - 00:03Commemoramos o Día de Rosalía de Castro (24 febreiro)
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 13:02Para commemorar o Día de Rosalía, o vindeiro mércores, día 24 de febreiro, achegámosvos o traballo elaborado por un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e un Genially elaborados este curso.
A ligazón do Genially é: https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5
As unidades didácticas, elaboradas polo seminario Galán, para os diferentes cursos de educación primaria:
UD 1º E 2º PRIMARIA DÍA DE ROSALÍA.pdf
Traballamos a autoestima en 1º B
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 12:52A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.
Os 1000 e 1 disfraces de Mortadeltino
Enviado por josean o Mér, 17/02/2021 - 21:39Aproveitando a idea dun dos pais do noso centro que sabe moito disto, do Entroido, e que nos deu o comezo e o final, recreamos aqueles cambios de disfraz que nos tebeos facía Mortadelo, desta vez na súa versión de o Hio, Mortadeltino. Un Mortadeltino que nos deixa unha mensaxe acorde co que estamos pasando: "Disfrazate pero seguriño, usa sempre a máscara"
Entroido 2021
Enviado por inesduran o Sáb, 13/02/2021 - 00:07ENTROIDO 2021
Pero que ben o pasamos o venres!!!!
Detrás das nosas mascariñas e disfrazados para a ocasión,
pousamos contentos para as fotos de entroido.
Aquí vos queda un divertido recordo.
O Testamento do Burro
Enviado por josean o Ven, 12/02/2021 - 21:16Nos Entroidos máis tradicionais o Entroido remata morrendo non se antes facer testamento. O día de seu é o Martes de Entroido, ese día en lugares como en Laza, a xentes fan un remedo de testamento, onde con moita retranca se comentan as incidencias máis destacas que o ano deixou e se reparten as posesións do burro. O burro nas culturas máis primitivas é a representación simbólica do inverno, co seu lento camiñar, ese mesmo inverno que está para acabar co Entroido.
Falabamos da presencia deste testamento nos Entroidos máis tradicionais, o de Marín non o é, xa hai moito, pero nalgún momento debeu de selo, porque a primeira estrofa deste testamento que elaboraron os rapaces, foi recollida en Marín, hai moito moito tempo durante un enterro da sardiña. A partir desa primeira estrofa e grazas a unha paxina que topamos en internet onde aparecía un amplo léxico de utensilios relacionados co burro, fomos elaborando na clase o testamento deste burro ao que puxeron nome e apelidos, "Eustakio Chirico", que de tanto comer e beber morreu e rematou co Entroido.
XVII Obradoiro da Filloa
Enviado por josean o Mér, 10/02/2021 - 19:48Como cada ano por estas datas dende hai 17 acode a vós, o noso obradoiro, que tradicionalmente viña, sendo unha festa rachada, onde se fomentaba unha das facetas de todo bo Obradoiro que se prece, a degustación. Este ano por mor das restriccións pandémicas o Obradoiro cobra máis sentido de seu pois os rapaces amósannos o que antes non víamos, a preparación.
Un clásico do Noso Mini Chef, "Cociña con Roi Rodiño", desta vez elabora as Chulas de Entroido...
HMMM! RICO, RICO E CON FUNDAMENTO
Da man de Rubén Argibay Pidre chegan as primeiras e deliciosas filloas deste Entroido.
Moitos outros se atreveron a meterse na cociña para deixarnos o seu peculiar estilo de facer as filloas. Chega a quenda de tres dos mellores reposteiros que temos no colexio: Breixo Vidal Salgueiro , Roberto Armada Aneiros e Xoel Sequeiros Paz.
Houbo tamén, quen, como Candelá Bermúdez Santiago se animou a facelas por primeira vez.
Filloas si, pero co recheo que máis lle gusta a Irene
Con perruca verde, con perruca laranxa e ata sen ela Unai Neira Rosales cociñou estas apetitosas filloas.
Outros dos postres que non poden faltar nesta época son as ORELLAS, que desta vez nos trae o reputado mestre de cociña Daniel Quintana Domínguez. Un postre de bigotes!!
Máis orelliñas, ou orellazas segundo se mire....As de Elba Pintos Omil.
E para rematar a "Piece de Resistance" do Chef Sanjorge, LACÓN CON GRELOS
ANIMÁDEVOS A COMPARTIR AS VOSAS LARPEIRADAS
Entroido 2021: Subide as vosas fotos
Enviado por Anónimo o Dom, 07/02/2021 - 17:13Subide ao mural as vosas fotos de Entroido indicando o voso nome, curso e o nome do voso disfraz, sobremesa, comida...
Calquera foto relacionada co Entroido no Morrazo será ben recibida; e sobre todo, as vosas fotos , dos vosos disfraces ou, por que non, das larpeiradas/sobremesas/comidas típicas que fagades nas vosas casas.
(Se non recordades como facelo mirade máis abaixo, tendes a explicación na entrada "Entroido 2021").
O Mandadiño!
Enviado por inesduran o Ven, 05/02/2021 - 11:09ENTROIDO NO SEQUELO
Anímate...
CADA DÍA
UNHA PEZA DE ROUPA DIVERTIDA
Un comedor moi artístico
Enviado por josean o Xov, 04/02/2021 - 18:40Traballo espectacular o dos nenos do comedor. Felicitalos a todos, especialmente á coidadora do comedor que soubo encamiñalos cara un propósito común. No noso comedor non só se come coa boca, tamén coa vista....e moito.
Seica novos proxectos están á volta da esquina.
"Viraventos pola Paz". Día da Paz 2021
Enviado por Anónimo o Dom, 31/01/2021 - 21:25Este ano conmemoramos o Día da Paz e a non Violencia traballando a letra desta cantiga con música de Suso Vaamonde e letra de Xosé Neira Vilas. O noso alumnado encheu os viraventos de mensaxes de Paz que agardamos lleguen levados polo vento a todo o mundo.
Medidores de CO2
Enviado por josean o Xov, 28/01/2021 - 18:24A Nosa Comunidade Educativa nestes difíciles tempos que nos tocou vivir, adáptase ás novas realidades. Sabemos da necesidade de protexernos mediante o mantemento do aire o máis limpo posible nas aulas e así puidemos implementar, de cara a lograr ese obxectivo, grazas á nosas familiias, os Medidores de CO2 con tecnoloxía NDIR.
Aquí tedes aos nosos pequechos en perfecto funcionamento. Traballando unidos é o xeito de protexernos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »