Atletismo en pista
Enviado por Belen o Mar, 08/02/2022 - 17:37ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M.
ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.
Charla do Plan Director para o alumnado de 5º
Enviado por Anónimo o Mar, 08/02/2022 - 10:26O venres, 4 de febreiro tivemos a primeira das charlas do Plan Director sobre Novas Tecnoloxías en 5ºEP impartida pola Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional de Marín.
A conferencia tratou sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar a través de internet con descoñecidos, o ciberacoso e, empregando a terminoloxía inglesa, o sexting, ciberbulling, grooming, phishing...
O axente da Unidade de Participación Cidadá deulles tamén moitos consellos para evitar estes riscos, como a creación de contrasinais seguros, non enviar imaxes, nin vídeos, non aportar datos persoais, nin bancarios e comentar cos adultos, nais, pais e profesorado calquera cousa que lles pareza sospeitosa, para poder atallar situacións perigosas, poñéndoo en coñecemento das forzas de seguridade.
Ao finalizar a charla os nenos e as nenas recibiron cadanseu carnet de "policía infantil".
Quédannos pendentes as charlas de 6ºEP, para o 18 deste mes, e outra para familias e profesores o martes 15, dependendo esta última da situación da pandemia.
A máquina do tempo
Enviado por xose o Ven, 04/02/2022 - 09:42Dentro das actividades propostas no programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, traballamos na aula a actividade "A máquina do tempo", que trata dos cambios que acontecen durante a puberdade, e que vimos que se dan en catro ámbitos diferentes: físico, emocional, cognitivo e social. Coa axuda do alumnado clasificamos un montón de características diferentes nalgún destes ámbitos sinalados.
Pegadas de Paz. 2022
Enviado por inesduran o Mar, 01/02/2022 - 09:42
Outro ano máis, aínda que sen achegarnos moito,
celebramos o Día da PAZ.
Curso a curso fomos deixando nos corredores do noso cole,
unha pegada cos nosos desexos de PAZ
Poema pola Paz. 5º
Para non esquecer que a Paz
ten que durar máis que un día...
PAZ
Día da Paz 2022
Enviado por Miguel o Lun, 31/01/2022 - 20:33Ola. Ao igual que os pequenos do colexio, o alumnado de 6ºA coloreou unha mandala pola Paz e quixeron compartir con todos vós unha mensaxe de paz.
"MANDALAS" PARA A PAZ
Enviado por Anónimo o Lun, 31/01/2022 - 01:29Actividade compartida coa EEI O GRUPO.
As Matemáticas do Volcán
Enviado por josean o Ven, 28/01/2022 - 18:51Dentro do microproxecto do volcán, os alumnos de 5º, traballaron con distancias, superficies, volumes, tempos, cantidades, pesos, lonxitudes, latitudes..., en resumo, Matemáticas.
Que distancia hai dende Galicia á illa da Palma?
2477,9 Km.
Cal é a latitude e a lonxitude da Illa da Palma?
Lonxitude: 28° 40′ 60″ Norte, latitude: 17° 45′ 50″ Oeste
Que altura o volcán Cumbre Vieja?
1949 m.
Cando se formou o volcán de Cumbre Vieja?
En 1987
Cando empezou a erupción do volcán?
O 21 de Setembro de 2021
Cantas bocas ten actualmente o volcán?
8 e 2 fisuras
Que superficie da Palma cubriu a lava?
166 Hectáreas
Canto gañou a lava ao mar na illa?
A Palma gañou máis de 28 hectáreas de superficie debido á lava que caeu ao mar.
A que velocidade flúe a lava?
A 4 ou 5 metros por hora
Cantos litros de lava pode conter un volcán?
20.000 millóns de litros
Cal é a temperatura da lava dun volcán?
Entre 800ª C e 1200 ºC
Canta lava botou o volcán da Palma?
O novo volcán da Palma xa botou 80 millóns de metros cúbicos de lava.
Canto se ergueu o chan da illa da Palma?
Uns 10 cm.
Cantas casas foron destruídas polo Cumbre Vella?
1817
Cantos turistas se mudaron a Tenerife?
400
O Nadal galego
Enviado por josean o Mér, 26/01/2022 - 16:19Hai inda cousas que nos quedaron pendentes e que iremos subindo pouco a pouco coma este curtiño programa de radio que sobre as tradicións máis nosas do Nadal elaboraron os rapaces de 5º.
O ritual da inauguratio
Enviado por josean o Mar, 25/01/2022 - 22:09Para a delimitación do perímetro das cidades, os romanos empregaban un arado de bronce tirado por unha xunta de bois conducidos por un “sacerdos”.
A rella marcaba o suco orixinario “sulcus primigenius” onde se debía levantar a muralla, e sinalaba o “pomerium” ou perímetro da futura cidade.
Así imaxinou o ritual para a nosa vila Roberto Carlos Santiago de 5º. Clicade na bandeira para dar comezo ao ritual.
A illa da Palma
Enviado por josean o Mar, 25/01/2022 - 18:07Dentro do microproxecto do "Vulcanismo", que comezou a aula de 5º, por mor da erupción do Cumbre Vieja na illa da Palma, non podían menos que coñecer un pouco da illa, os seus habitantes e costumes
Que aprendimos dos volcáns
Enviado por josean o Dom, 23/01/2022 - 14:53No microproxecto sobre vulcanoloxía, isto foi o que aprenderon os alumnos de 5º sobre os volcáns: o porque, como, cando, canto...
Volcán de Cumbre Vieja
Enviado por josean o Sáb, 22/01/2022 - 12:15Dentro do Microproxecto que os de 5º levaron a cabo, motivado por todo o que estaba sucedendo co volcán da Palma, Roberto Santiago Nedea creou esta animación con Scratch onde se vé como a lava crea no mar novos anacos de illa.
Premede primeiro na bandeira e logo no espazo para ver a animación
ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS XANEIRO 2022 PREGUNTAS FRECUENTES
Enviado por Anónimo o Ven, 21/01/2022 - 13:07Os usos da Roda
Enviado por Menchi o Xov, 20/01/2022 - 14:00No primeiro trimestre e dentro do PDI inventos que cambiaron o mundo, os nenos/as de cuarto tocounos investigar sobre o usos da roda.
Froita e leite nos recreos
Enviado por Belen o Lun, 17/01/2022 - 14:08HOXE COMEZAMOS CO REPARTO DA FROITA, ATA O VENRES 28 DESTE MES.
OS LUNS: MANDARINA.
OS MARTES: PERA.
OS MÉRCORES: PLÁTANO.
OS XOVES: MAZÁ.
OS VENRES: LARANXA.
Resolvendo o Misterio
Enviado por josean o Ven, 14/01/2022 - 16:00Nesta actividade deberon descubrir a identidade dunha gran inventora, Hedy Lamarr. Mediante o uso dun chatbot, que interaccionou coalumnado a modo de informante, obtiveron información e pistas facendo preguntas. Finalmente, cos datos obtidos, deberon realizar unha procura en Internet para descubrir a quen estaban buscando.
E si, descubriron a Hedy Lamar
II Campionato de Xadrez 2021-22 CEP Sequelo
Enviado por xose o Lun, 10/01/2022 - 18:30Este martes comezamos o 2º campionato de xadrez CEP Sequelo deste curso, que durará ata o fin do 2º trimestre, no mes de abril. Terá un total aproximado de 20 torneos.
Desta vez animamos a participar tamén aos pais e nais do alumnado, que deberán rexistrarse previamente na web Lichess.org, seguindo as indicacións deste enlace.
Aquí vos deixo o enlace para a primeira partida, de mañá martes día 11.
E aquí a CLASIFICACIÓN DO SEGUNDO CAMPIONATO (Xaneiro-marzo 2022)
Postal de Nadal I
Enviado por josean o Ven, 24/12/2021 - 00:00Pincha sobre cada unha das personaxes para ver que sucede
Volcáns dos 5 continentes
Enviado por josean o Xov, 23/12/2021 - 22:00Seguimos coñecendo en quinto máis cousas dos volcáns, e aprendimos que hai volcáns en Europa, Asía, África, América, Oceánía e ata na Antártida.
Papel, cola, un anaco de botella de auga,con paciencia e pintura, fixemos os volcáns do mundo.
O Monte Kilimanjaro (África)
O Popocatépetl (América Central)
Novarupta (Alaska-América do N.)
Bagana (Oceanía)
Monte Fuji Yama (Asia)
Monte Sidley (Antártida)
Actividades de Nadal 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 23/12/2021 - 11:24Aínda que non puido ser un final de trimestre como tiñamos por costume facer ao chegar estas datas, si que puidemos facer unha despedida por todo o alto grazas á colaboración da ANPA AIDÓN, ao Concello de Marín e a todo o profesorado do centro.
Deixamos nestes vídeos un pequeno resumo das actividades realizadas; e aproveitamos para desexarlle unhas Boas Festas e un Próspero Ano 2022 a toda a comunidade escolar.
Vídeo 1: Visita de Papá Noel, Mago Paco, chocolatada, entrega de premios do "Concurso de Adornos de Nadal".
Vídeo 2: O coro da profe Dona Inés alegrounos a mañá cantando estas panxoliñas.
Vídeo 3: Entrega dos premios do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »