"Puré de Chícharos" de Daniel Neskens

Outro dos clásicos recomendados polos alumnos de 6º. Desta vez Uxía Sanjorge.

Plan Director 2022/2023

Como en anos anteriores, efectivos da Policia Nacional de Marín, visitaron aos alumnos de 5º e 6º, nunha charla centrada no acoso escolar.

Danza de espadas de Baiona

Este ano por mor da festa de San Miguel, unha das danzas de Espadas dos mariñeiros, a de Baiona veu visitar Marín. Da súa visita aprendimos que tódalas danzas de espadas son moi semellantes, pero así mesmo con diferencias, como as que teñen a de Marín e a de Baiona.

Experiencias no San Miguel

Os nenos e nenas do CEIP Sequelo vivencian o San Miguel dun xeito diferente.

Collage Fotos Vacaciones con amigos Colores de Ruth PT

As botas vermellas de Karlos Linazasoro

Nos nosos libros recomendados, un clásico que nos trae Aitana de 6º. Botádelle unha ollada na nosa Biblioteca!

Ao redor da danza: entrevista

A TV do Sequelo, por mor, da tradición local de San Miguel, entrevista a Jaime Rodríguez Pazos, que este ano, logo de moito tempo, deixa o seu posto de portaestandarte na procesión de San Miguel e na súa danza, e que ademáis é avó de dous exalumnos do centro.

A contar ovellas de Elvira Pérez

Marcos Patiño de 6º recomenda porque o leu, este libro de Elvira Pérez

Visitando a horta do colexio

Hoxe fomos por primeira vez á horta do colexio, acompañados pola profe Belén, que axudou aos nenos e nenas de 1º a plantar, abonar e regar as súas primeiras plantiñas. Desexando velas crecer!

Crosstraining Blackbull Pontevedra

O VENRES OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º CURSO POIDERON PRACTICAR CROSSTRAINING COS MONITORES DO XIMNASIO BLACKBULL DE PONTEVEDRA.

ESTA ACTIVIDADE OFRÉCESE NESE XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS.

O SÁBADO TIVEMOS CASE TODOS MANIOTAS!

Balonmán Cangas

OS LUNS DE 16:00 A 17:00 HORAS NO PAVILLÓN DO SEQUELO, PRIMEIRO PRACTICARON OS NENOS/AS DO COLEXIO PARA ANOTARSE A ESTA ACTIVIDADE.

GRAZAS AOS XOGADORES DO BALÓNMÁN DE CANGAS POR ENSINARNOS XOGOS TAN DIVERTIDOS.

Horta do Sequelo

O VENRES ENCHEMOS OS BANCAIS DE TERRA PARA COMEZAR ESTA SEMANA A PLANTAR AS HORTALIZAS PARA O INVERNO.

GRAZAS AO CONCELLO POR TRAERNOS A TERRA E AOS NENOS/AS DE 6º CURSO POR COLOCALA. TAMÉN NOS AXUDOU MOITO O CONSERXE DO COLEXIO.

 

Programando con DOC

Os nenos e nenas de 1º de primaria empezan a dar os seus primeiros pasos na programación co seu amigo robot DOC, traballando ao mesmo tempo a lateralidade e orientación espacial. Moi ben feito!

Danza de Baiona vs Danza de Marín

Polas cores do traxe....A que danza pertencen estas cores de traxe? Á de Marín? Á de Baiona? Ás dúas? E se é as dúas, que danzantes o levan en cada unha delas?

Deixa os teus comentarios

San Miguel 2022

Os nenos e nenas de primeiro vestíronse co traxe típico da "Danza das espadas" de Marín para festexar o San Miguel. Despois imitaron con manualidades esta danza e con percusión seguiron o ritmo da música. Viva San Miguel!

Edixgal, Folleto xeral e Seguro Anual

Se premedes enriba da imaxe accederedes ao pdf onde se detalla todo o referido ao proxecto e especialmente como contratar o Seguro

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS

ESTIMADAS FAMILIAS:

AS REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS REALIZARANSE O MARTES 13 E MARTES 20 DE SETEMBRO, NO CEIP SEQUELO, NO SEGUINTE HORARIO:

MARTES 13/09:

ÁS 16 HORAS: 6º CURSO.

ÁS 17 HORAS: 1º CURSO.

ÁS 18 HORAS: 3º CURSO.

MARTES 20/09:

ÁS 16 HORAS: 2º CURSO.

ÁS 17 HORAS: 5º CURSO.

ÁS 18 HORAS: 4º CURSO.

 

 

 

Benvidos ao curso 2022-2023

ESTIMADAS FAMILIAS:

AS CLASES COMEZARÁN ESTE VENRES 9 DE SETEMBRO ÁS 9:00 HORAS.

O ALUMNADO DE INFANTIL ENTRARÁ POLO PORTAL TRASEIRO (A CARÓN DO PAVILLÓN) E OS DE PRIMARIA (DE 1º A 6º CURSO) POLO PORTAL DIANTEIRO.

O ALUMNADO DE 1º E 2º ACCEDERÁ ÁS AULAS POLA PORTA DA DEREITA E OS DEMAIS POLA PORTA DA ESQUERDA (PRINCIPAL).

ROGAMOS PUNTUALIDADE.

DURANTE ESTE CURSO 2022-2023 NON HABERÁ UN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO.

BENVIDOS A TODOS/AS A ESTE NOVO CURSO!!!

 

REUNIÓN INFORMATIVA EDUCACIÓN INFANTIL

O MÉRCORES 7 DE SETEMBRO CELEBRARASE A REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

SERÁ ÁS 12 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DO CEIP SEQUELO.

 

Servizos de Plan Madruga e Comedor para o curso 2022-2023

Información para as familias que vaian a facer uso do  Plan Madruga e/ou Comedor.

 

PLAN MADRUGA

As familias que vaian precisar o servizo de plan madruga teñen que poñerse en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14

 

PARA COMEDOR

Empregarase a mesma aplicación do curso pasado.

As familias xa usuarias téñen que darse de alta.

Para mais información accedan ao Facebook Sequelo Anpa

 

Para as dúbidas pódense poñer en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14

 

 

IMPORTANTE: As familias que precisen facer uso do plan madruga e do comedor no mes de setembro teñen ata o venres 2 de setembro as 14 horas para xestionar os tramites pertinentes.

 

COMEZO DAS CLASES

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.