I Campionato Xadrez 2022-2023
Enviado por xose o Mér, 21/12/2022 - 20:32Neste primeiro trimestre do curso 2022-2023 fixemos un campionato xogando todos os mércores na biblioteca, e os gañadores son:
5º e 6º cursos: 1º Daniel Antón, con 16 puntos 2º Yago Martínez, con 9,5 puntos 3º Alez Almazán, con 8,5 puntos |
3º e 4º cursos: 1º Martín Serrano, con 12,5 puntos 2º Borja Nogueira, con 3,5 puntos 3º Leire Nogueira, con 8,5 puntos |
1º e 2º cursos: 1º Martín Carrasco, con 9 puntos 2º Vera Serrano, con 2,5 puntos 3º Martín Campelo, con 2 puntos |
NORABOA A TODOS E TODAS!!
Nadal no cole. Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 12:38Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
- Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
- Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
- Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".
Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!
GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO (E. PRIMARIA)
Enviado por Anónimo o Mar, 20/12/2022 - 22:35Un ano máis a Coordinadora de EDLG do Morrazo, pensando sempre nos nenos de tódalas idades, ofrécenos unha selección das mellores novidades de libros en galego. Sería moi recomendable que as súas maxestades os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador se acordasen de traernos a todos algún destes libros ou CDs.
Ciencia e Circo
Enviado por inesduran o Lun, 19/12/2022 - 21:54"A Gran Aventura do Corpo Humano"
Vigo acolle unha exposición interactiva
sobre o corpo humano.
Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia
experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.
Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no
Circo de Nadal.
Órganos xigantes do corpo humano
para ver e tocar.
Contacontos "A cebra Camila"
Enviado por josean o Lun, 19/12/2022 - 00:03Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.
Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.
Digicraft: a nave dos soños
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 21:40Nesta actividade o alumnado vive una aventura online para eliminar un virus que pon en perigo a misión máis importante da humanidade: a primeira viaxe interestelar. Mentres percorren a aventura, ven ejemplos sobre automatización e domótica que se dan na nave estelar.
Digicraft 2022
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 21:21Outro ano máis os alumnos de 5º e 6º comezan o Proxecto Digicraft coa Avaliación Inicial que o proxecto nos propón.
Plastificadora
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:56Outro dos trebellos que nos chegou por mor dos Polos creativos, foi un de uso cotián nos colexios, como é a Plastificadora. Neste caso aproveitamola para plastificar as etiquetas das pezas dos robots que antes fixeramos no Gimp e que imprimimos na nova impresora que nos mandaron.
Primeiro deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:46Este é o primeiro dos moitos deseños 3D que os nosos alumnos farán. Empezamos co Blender, pero buscando algo moito máis intuitivo topamos Tinkercad e é o que imos usar. O autor Roberto Carlos Santiago Nedea.
Impresora 3D/Deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 15:59Tiñamos unha xa á que non sacamos todo o proveito que deberiamos, pero nesta Creality cr 200b, xa empezamos a imprimir. Polo de agora son so os exemplos que a propia marca nos proporcionou. Estamos nos primeiros pasos: calibración, mantemento, entendemento do funcionamento, tipos de filamentos...Pero o que realmente nos interesa é que os nosos alumnos deseñen en 3D; algúns deles deran uns primeiros pasos co Blender, pero alumnos e profes logo de probar un programiña online gratuito chamado Tinkercad, decidimos que ese sería o noso programa de deseño 3D, e xa, imos empezar con el
Autodesk Tinkercad
Novos Robots
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 15:38Novos robots entran a formar parte do noso repertorio. A base é sempre a mesma, unha placa á que van conectados sensores que identifican distancias, cores, liñas, temperaturas... Estes novos robots os MII bot van sostidos en pezas semellantes ás Lego e a linguaxe de Programación "Crumble" esta baseada nunha vella coñecida, "Scratch", coa que levamos moito tempo traballando.
Os alumnos de 6º tirando de Manual para montar os novos Robots
Panxoliñas no EEI O Grupo
Enviado por inesduran o Xov, 15/12/2022 - 22:44VISITA AO EEI O GRUPO
Outro ano máis a visita ao EEI O Grupo
para cantar Panxoliñas,
resultou ser un estupendo encontro
cos mestres e os pequenos compañeiros deste centro.
Como presentadoras tivemos a,
Aitana de 6º e Sabela de 5º
Tivemos tempo para recordar rincóns nos que de pequeniños xogabamos
Os mestres do Infantil O Grupo,
convidáronos a unha dulce merenda
despois de cantar.
Empezamos cantando dúas Panxoliñas en galego,
logo dúas en castelán,
e os compañeiros de 2º interpretaron
unhas panxoliñas en inglés.
Tamén os neniños de Infantil
dedicáronos unhas panxoliñas
que fixeron as delicias de todos.
MOITAS GRAZAS
Ata o próximo ano.
Día das Persoas con Discapacidade
Enviado por Anónimo o Dom, 11/12/2022 - 21:28Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.
Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.
Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.
Día da Constitución Española (6 de decembro).
Enviado por Miguel o Mar, 06/12/2022 - 15:00Este ano, o alumnado de 1º de primaria coñeceu algo máis sobre a Constitución Española, que este 6 de decembro cumpriu 44 anos. Fixeron un pequeno vídeo para contarvos algo sobre ela. Esperamos que vos guste.
Anxos de rolos de cartón
Enviado por inesduran o Lun, 05/12/2022 - 16:44Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
R R R
fixemos un personaxe protagonista do Belén,
adiviñas cal é?
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
fixemos adornos con rolos de cartón
Seguindo estes enlaces atoparedes
Volven os Mbot
Enviado por josean o Ven, 02/12/2022 - 17:34Cunha programación moi simple baseada nun código binario (apagado e encendido) puxeron aos Mbot á liña co programa MBlock e malia que logo de tanto tempo apagados perderan forza, algúns fixeron aquilo para o que se programaron.
Carreira de Campo a través- Xogade
Enviado por Belen o Ven, 02/12/2022 - 07:37Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!
Deixo algunhas fotos da carreira.
Papiroflexia con...Luís Lores
Enviado por josean o Mér, 30/11/2022 - 22:48Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.
Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.
Enviado por Miguel o Mér, 30/11/2022 - 20:18Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable e cariñoso nos tres lugares onde estivemos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »