FUNDACIÓN CELSO EMILIO
Enviado por josean o Dom, 18/03/2012 - 18:51A fundación Celso Emilio tivo o detalle para co noso colexio de enlazar un dos nosos modestos traballos na súa sección de novas. Polo que dende aquí lle damo-las grazas
Podedesnos ver na paxina web da fundación aquí
Campaña "Nos tamén creamos"
Enviado por josean o Mér, 07/03/2012 - 10:35Dentro da campaña organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Editorial OQO, "Nos tamén creamos"; o noso colexio foi un dos 50 centros elixidos en Galicia para o desenrolo desta actividade que supon a realización dunha curta en StopMotion a partir dun libro publicado pola Editorial.
Música na Lareira
Enviado por josean o Mar, 06/03/2012 - 23:08De talento artístico, musical neste caso, é do que non andan faltos estes dous rapaces; Rubén e maila súa irmá Sara achegáronse á nosa Lareira é deixaronnos un chisquiño das tradicións musicais da beira do mar e da terra de Montes nestas dúas fermosas pezas
ESCOLA DA LAREIRA
Enviado por josean o Mar, 06/03/2012 - 21:51Este espazo na aula de Psicomotricidade, foi concebido como un espazo, onde seguindo o ronsel dos nosos devanceiros, aprender, ensinar, repetir, compartir e socializar a través da oralidade en todalas súas facetas: contos, trabalinguas, adiviñas, refráns... Así mesmo esperamos que sexa un lugar onde toda a Comunidade Educativa do Sequelo poda amosar o seu talento artístico ao carón do lume. e como primeiro exemplo deste espazo cultural e artístico deixamosvos esta sesión de contacontos organizada polos nenos do primeiro Ciclo.
Reseñar co entorno da Lareira surxiu das máxicas mans da profe Asún e a decoración con obxectos propios das cociñas antiguas son un préstamo dalgún pai. Se algún mais se anima estaríamos encantados de contar con algo mais cun tres pes, un aceiteiro e unha ola de barro
ENTROIDO 2012
Enviado por josean o Mar, 21/02/2012 - 22:45No "Sambódromo" do Sequelo houbo de todo un pouco; música, disfraces, paparotas (sería imposible enumeralas todas), pero houbo sobre todo moita diversión, na compaña de pais, avós e demais membros da Comunidade Escolar do Sequelo que quixeron compartir con nós unha tarde de Entroido. E alí preto de Río (non o de Xaneiro) inda que río tamén cho é, cantamos e bailamos e como vós dicíades pasámolo moi.... pero que moi ben!!!!
O Homo Antroido Galaico Orientalis
Enviado por josean o Lun, 20/02/2012 - 20:05Moitos miles de anos de involución nos contemplan ata chegar ao Homo Antroido Galaico-Orientais.
VALENTIN PAZ ANDRADE: BIOGRAFÍA E ANTOLOXÍA
Enviado por josean o Dom, 19/02/2012 - 21:13Xa nos tardaban en aparecer libros adicados a Valentin Paz Andrade co gallo da súa eleción como autor homenaxeado polo día das Letras Galegas. Así Xerais vén de editar, a través da sua colección orientada ao público máis novo, Merlín, unha biografía do homenaxeado deste ano.. A vida e deste avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta, xornalista… contada de forma amena… pero detallada. O libro ademais completase cunha antoloxía da súa obra poética.
ROCK EN GALEGO
Enviado por josean o Sáb, 18/02/2012 - 18:34Rock en galego, e con MAIUSCULAS. os compañeiros do CEIP de Seixo fixeron este marabilloso e divertido video. Se co pouco tempo que se ten este ano para facer este tipo de actividades tan motivadoras e que vivencian o uso do Galego en todolos ámbitos, neste caso o rock and roll, fixeron isto que farían de dispoñer dese tempo. Felicidades!!
Como dirían os AC/DC "Galician language is cool"
Xota de Folgoso -Cerdedo-
Enviado por josean o Lun, 13/02/2012 - 23:50Inda que pareza que estamos na casa, non saímos da India. Estes rapaces da escola María Soliña de Pubai fan unha versión tan estupenda da Xota de Folgoso que non poido menos que afirmar que poucos nenos nativos de onde esta xota surxiu serían capaces de recreala coa mesma mestria . Escoitadeos porque paga a pena ver o respecto que estes nenos tan distantes de nos manifestan pola nosa cultura.
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.
O día da Paz 2012, no CEP Sequelo.
Enviado por Miguel o Ven, 10/02/2012 - 21:04Os alumnos e alumnas de 6º do CEP Sequelo, nárrannos a vida de Gandhi para conmemorar o día da Paz, que celebramos o 30 de xaneiro de 2012. Despois vos len uns poemas coa canción que escollemos este ano para celebrar ese día.
13:26 minutes (8 MB)
Programa do Entroido de Marín 2012
Enviado por josean o Mér, 08/02/2012 - 23:20Un espectacular diseño para un programa do Entroido marinenses marcado pola xouva patria, mais...Ú-lo Sequelo nel???
Gonzalo Moure visita o CEP Sequelo.
Enviado por Miguel o Mér, 08/02/2012 - 22:28Hoxe, 8 de febreiro tivemos o enorme pracer de difrutar da visita do escritor Gonzalo Moure.É un autor adicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como 'el Gran Angular', 'el Ala Delta','el Primavera' ou 'el Barco de Vapor', entre outros. Antes de adicarse por completo à escritura, Moure traballou tamén como xornalista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta aos problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. No CEP Sequelo, os nenos e nenas de 5º de primaria leron 'Os cabalos do meu tío' e os alumnos e alumnas de 6º de primaria 'Los caballos de mi tío'. Ten obras tan recoñecidas como: 'Palabras de caramelo,Lili libertad,Nacho Chichones, El oso que leía niños, Geranium 2204,El mejor amigo del perro', etc.
Na oficina de obxectos perdidos.
Enviado por Miguel o Sáb, 04/02/2012 - 12:40Curto realizado por alumnos de IES O Mosteirón, baseado nun texto de Sechu Sende publicado en: "Made in Galiza".
DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2012
Enviado por josean o Xov, 02/02/2012 - 11:51Non eramos un millón de amigos os que nos xuntamos no patio do Colexio pero nos nosos corazóns e polo balbordo que faciamos, ben o semellaba, os que lembramos por un día non esquecer a importancia da paz no mundo.
LONGA NOITE DE PEDRA
Enviado por josean o Xov, 02/02/2012 - 10:43Un dos poemas mais actuais de Celso Emilio Ferreiro nun momento onde tanta xente hai vivindo en personais e individuais, ademáis de sociais "Noites de pedra" é este que os nenos de 2º recrean.
Estou Aquí
Enviado por josean o Lun, 30/01/2012 - 22:49Un fermoso video que topamos nun blogue dun colexio da Illa de Madeira e que nos ofrece unha visión da soedade que con moita frecuencia os nenos autistas experimentan.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- seguinte ›
- última »