Non penso volver a ver a Televisión
Enviado por josean o Xov, 19/04/2012 - 15:47Amablemente o gran Roger de Flor deunos permiso para poñer na paxina web dos dous colexios Xabarin 18 o tema que onte entrou a formar parte do Selecto Clube Xabarín, onte na festa do Xabarín 18. E non só entrou a formar parte, se non que para o meu gusto é das mellores cancións xabaríns da súa historia e a mellor con diferencia dos últimos anos do curricho.
Felicidades e grazas Roger
Debuxos do Xabarín Club.
Enviado por Miguel o Mér, 18/04/2012 - 18:29PROGRAMA DE RADIO 18 ANIVERSARIO XABARÍN
Enviado por josean o Mér, 18/04/2012 - 16:13Dende o Cep Sequelo desexamosche feliz 18 aniversario e que cumpras moitísimos mais. Grazas por estes 18 anos e a cumprir 100 e mais. Este proxecto foi posible grazas aos coñecementos técnicos do profe Miguel e a boa disposición das locutoras da radio-online
A PINTAR A XABARÍN
Enviado por josean o Mér, 18/04/2012 - 15:40Seguimos compartindo actividade co EEI Monte da Guía. Estes debuxos tan chulis de Xabarín atopámolos na web de MIGUEL ANXO PRADO. Hoxe traballamolos no cole, pero aquí quedan por se queredes pintalos tamén na casa!
Moitísimas grazas a RTVG por mandarnos estes agasallos tan chulos!
Enviado por josean o Mar, 17/04/2012 - 22:18XA CHEGA O XABARÍN!!!!
Enviado por josean o Dom, 15/04/2012 - 17:18Xa somos parte da historia pequena da TVGA e xa queda menos para a maioría de idade. Se queres ler a noticia enteira fai click no enlace: http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/xabarin-celebra-a-sua-maioria-de-idade-este-mercores-na-tvg2#.T4rxC6XXY7w
Espazo normalizador da lingua galega
Contacontos
Enviado por josean o Ven, 13/04/2012 - 07:07Dentro do noso Plan Lector, de a diario, moitos contos están sendo contados e se contarán no primeiro Ciclo e como mostra un botón,,,
Situación actual do Galego (en Galicia)
Enviado por josean o Xov, 12/04/2012 - 22:08A lo menos hai sitios onde se fala menos ca en Marín, é para estar orgullosos
Se queres ver a situación do teu concello fai click no mapa
Contacontos
Enviado por josean o Xov, 05/04/2012 - 19:50No Primeiro Ciclo estanse levando a cabo sesións de Contacontos entre os distintos cursos, sirva como exemplo o deste alumno de primeiro que foi a segundo a lerlles este libro.
BENVIDA AO COLEXIO
Enviado por josean o Xov, 05/04/2012 - 17:06Nestes días incorporaronse ao cole dúas alumnas novas procedentes da vella Irlanda, e unha delas, Naia achegouse á clase de Inglés dos de primeiro, e facéndose pasar por irlandesa, pasamos un bo rato, mentres lles ensinaba ao resto dos nenos como pedir para ir ao baño. Tamén nos decatamos da sorte que temos ao ter que estudiar dúas linguas tan semellantes e outra diferente; cando nos contou que estudaba inglés e o irlandés, dunhas linguas que non teñen nada en común. Disimulando de marabilla, fíxonos unha estupenda demostración en tres linguas: irlandés-inglés e galego.
MÚSICA NA LAREIRA II
Enviado por josean o Xov, 05/04/2012 - 16:03Pola nosa lareira seguen pasando novas xeracións de futuros artistas que serán os encargados de continuar coa nosa rica tradición cultural. E visto o visto non nos queda outra que por intres (só por intres) ter un pouco de esperanza no futuro da nosa cultura. Hoxe pasouse pola nosa Lareira un alumno de 2º que nos amosou as súas dotes musicais
ILLA DE TAMBO: TAN PRETO E TAN LONXE
Enviado por josean o Mar, 03/04/2012 - 09:08Cando dende Marín ou dende Poio miramos para o mar o primeiro que outeamos é como unha parede, esta illa. Sempre presente pero descoñecida para moitos de nos. Un bo xeito de coñecela é a través deste interesante documental que atopamos na rede.
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2012
Enviado por josean o Lun, 02/04/2012 - 16:48Primeiro de todo pedir desculpas polos erros que puderamos cometer ao tentar escribir o texto con pictogramas, mais coido que pagan a pena nun día coma este.
Día Mundial da Poesía 2012
Enviado por josean o Xov, 29/03/2012 - 21:11Coa chegada da Primavera o Sequelo encheuse de poesía por todolos recunchos, non pode ser menos nun espazo natural tan fermoso, arrodeado por ríos e co fondo dos montes do Morrazo. Dentro das aulas oironse versos de autores famosos e outros realizados coa sinxeleza e a mestría que so os nenos teñen. Como exemplos deixamosvos este enlace ao blog dos nenos de 2º
http://osghatosmisteriosos.blogspot.com.es/2012/03/dia-mundial-da-poesia.html e axiña vos poñeremos o enlace ao blog dos nenos de cuarto, onde poderedes ver os seus marabillosos traballos dese día.
Mentres tanto para que vaiades abrindo boca imos ao comezo da nosa poesía, as Cantigas de Amigo Medievais, nunha fermosisíma versión da cantante brasileira Socorro Lira sobre a famosa Cantiga de Mendiño situada na illa de San Simón, que a fin e ao cabo tamén son a orixe da poesía brasileira
São Simão - Socorro Lira - Cores do Atlântico from Casa de Tolos on Vimeo.
Construindo Poesía
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 19:11A través do amigo Galefas chéganos esta interesante guía metodolóxica realizada polos compañeiros do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, de como traballar a poesía en primaria.
SAÍDA DIDÁCTICA "A PANTASMA DO PALCO"
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 08:44Os alumnos do primeiro Ciclo de Primaria acudiron ao Centro Cultural Do Banco NovaCaixaGalicia á representación da obra didáctico-músical "A Pantasma do Palco" e non se conformaron con ser meros espectadores da obra, senón que foron copartícipes da mesma.
OS KINGS DO RAP
Enviado por josean o Mar, 20/03/2012 - 02:40Aquí tedes unha mostra do ben que soa o rap en galego. Tres rapeiros do noso centro compuxeron este tema. Sanye, Gabriel e Miguel, alumnos de 6º de primaria do CEP Sequelo de Marín. Estou seguro de que vos gustará moito. Ánimo e a seguir compoñendo e cantando en galego. Escoita o rap tamén se queres dende a páxina da nosa radio
Visita dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo ao Museo Marco de Vigo.
Enviado por Miguel o Lun, 19/03/2012 - 00:03
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEP Sequelo visitaron o Museo Marco de Vigo. A exposición 'Presenza Activa. Acción,obxecto e público'. Aquí tendes algunhas imaxes do que puideron disfrutar.
'Presenza Activa':
A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- seguinte ›
- última »