A NOSA COPLA DE MAIO 2012

Esta é a copliña que os nosos rapaces compuxeron para cantar ao Maio

CONCURSO DE CONTOS A.C. SANTA CECILIA

No concurso de contos, que como todolos anos convoca a Asociación Cultural Santa Cecilia, dúas nenas do noso colexio foron galardonadas na súa categoria. Felicidades a elas e ao resto dos rapaces do noso e doutros colexios que coa súa imaxinación encheron a A. C. de historias.

BENVIDO O BLOG DE MÚSICA

Como na canción cada día somos mais. Ao conxunto dos nosos blogues escolares que temos enlazados a nosa páxina principal unésenos o blogue da profe de Música. Poderedes atopalo nesta direción:

 

http://descubriendolamusica.blogspot.com

PROXECTO LECTOR: Contacontos no Primeiro Ciclo

Dentro do Proxecto Lector que estamos levando a cabo, cada certo tempo os alumnos do Primeiro Ciclo están realizando cos seus compañeiros, tanto mais pequenos como mais grandes, sesións de Contacontos. O venres foi o turno de Jonathan, Alberto e Antón, disfrutamos con eles destes dous marabillosos contos, porque non o esquezamos o primeiro de todo é que a lectura serve para pasar un bo rato.

 

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/XOGOS FLORAIS 2012

Organizados conxuntamente pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística tiveron lugar onte os I Xogos Florais do Sequelo en lembranza dos orixinais que supuxeron a presenza de Celso Emilio Ferreiro en Marín. Estes son os poemas e debuxos galardonados

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Como todolos anos, puntual á sua cita co día das letras galegas acude o Seminario Galán, un conxunto de colexios da Coruña que prepara cada una unha chea de información e actividades relacionadas co homenaxead@ o 17 de Maio.

As actividades están clasificadas por ciclos, e só tes que descarregalas na súa paxina, e van da mais clásica unidade didáctica para poder fotocopiar á actividades Edilim o JavaClic como a que che ofrecimos co Xabarín

XABALIM

Unha actividade realizada a medias entre os dous colexios que colaboramos no Proxecto Xabarín 18: O EEI Monte da Guia de Teis e mailo Cep Sequelo de Marín. Podes xogar directamente dende aquí, inda que para algunha actividade necesitarás minimizar o Lim

Dámoslle a benvida a un novo Blog

Os rapaces de 4º estrean un novo blog e dende a Central, dámoslle a benvida no seu navegar pola rede. Xa están colocados no menú correspondente ao Segundo Ciclo de Primaria

http://osarroacesde4.blogspot.com.es/

Non penso volver ver a TV - videoclip

E por fin, Producións Mutantes colgou o video da canción Xabarín do 2011 (para nós , eh?) e SORPRESA!!!... algún se decata onde pode estar gravada? Roger de Flor e o Marques das Vinhas andiveron paseandose por...o lago de Castiñeiras

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/ANO CELSO EMILIO FERREIRO

Co gallo do Centenario do Nacemento de Celso Emilio Ferreiro, e o que ten mais relación co noso pobo, o Cincuentenario da presenza do autor en Marín nuns Xogos Florais organizados pola A.C. Santa Cecilia; o Cep Sequelo convoca entre os seus alumnos uns Xogos Florais de poesía e debuxo (para o primeiro Ciclo), que a imitación daqueles que tanto nos seus apartados de lingua castelá como galega gañou o autor de Celanova, terán como tema "Marín e o mar"
A lectura dos poemas premiados, ademais do poema en galego do poeta que someramente reproducimos a continuación e da cantiga medieval de Nuno Treez sobre a Illa do Santo, terá lugar na Biblioteca do Colexio como acto de Celebración do día Internacional do Libro.


Marín de maruxía e veiramar prantada
ardendo no solpor de cada día.
Na ría verdegada co mar cercado de ondas,
Tambo, dorna varada....

(Celso Emilio Ferreiro)

 

Non penso volver a ver a Televisión

Amablemente o gran Roger de Flor deunos permiso para poñer na paxina web dos dous colexios Xabarin 18 o tema que onte entrou a formar parte do Selecto Clube Xabarín, onte na festa do Xabarín 18. E non só entrou a formar parte, se non que para o meu gusto é das mellores cancións xabaríns da súa historia e a mellor con diferencia dos últimos anos do curricho.

Felicidades e grazas Roger


Debuxos do Xabarín Club.

Polo 18 Aniversario do Xabarín Club, os rapaces do CEP Sequelo, debuxaron personaxes das súas series. Aquí tedes algúns exemplos dos rapaces de 6º. Espero que vos gusten. Aburiño.

PROGRAMA DE RADIO 18 ANIVERSARIO XABARÍN

Dende o Cep Sequelo desexamosche feliz 18 aniversario e que cumpras moitísimos mais. Grazas por estes 18 anos e a cumprir 100  e mais. Este proxecto foi posible grazas aos coñecementos técnicos do profe Miguel e a boa disposición das locutoras da radio-online

A PINTAR A XABARÍN

Seguimos compartindo actividade co EEI Monte da Guía. Estes debuxos tan chulis de Xabarín atopámolos na web de MIGUEL ANXO PRADO. Hoxe traballamolos no cole, pero  aquí quedan por se queredes pintalos tamén na casa!

XA CHEGA O XABARÍN!!!!

Xa somos parte da historia pequena da TVGA e xa queda menos para a maioría de idade. Se queres ler a noticia enteira fai click no enlace:  http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/xabarin-celebra-a-sua-maioria-de-idade-este-mercores-na-tvg2#.T4rxC6XXY7w

Espazo normalizador da lingua galega 

Contacontos

Dentro do noso Plan Lector, de a diario, moitos contos están sendo contados e se contarán no primeiro Ciclo e como mostra un botón,,,

Situación actual do Galego (en Galicia)

A lo menos hai sitios onde se fala menos ca en Marín, é para estar orgullosos

Se queres ver a situación do teu concello fai click no mapa

Contacontos

No Primeiro Ciclo estanse levando a cabo sesións de Contacontos entre os distintos cursos, sirva como exemplo o deste alumno de primeiro que foi a segundo a lerlles este libro.

BENVIDA AO COLEXIO

Nestes días incorporaronse ao cole dúas alumnas novas procedentes da vella Irlanda, e unha delas, Naia achegouse á clase de Inglés dos de primeiro, e facéndose pasar por irlandesa, pasamos un bo rato, mentres lles ensinaba ao resto dos nenos como pedir para ir ao baño. Tamén nos decatamos da sorte que temos ao ter que estudiar dúas linguas tan semellantes e outra diferente; cando nos contou que estudaba inglés e o irlandés, dunhas linguas que non teñen nada en común. Disimulando de marabilla, fíxonos unha estupenda demostración en tres linguas: irlandés-inglés e galego.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.