VISITA AO VALENTÍN PAZ ANDRADE

No día Mundial dos Océanos era o momento de coñecer lo barco que leva por nome o autor a quen se lle adica este ano O día das Letras Galegas, e os rapaces de segundo pasaron unha mañán moi divertida e aprenderon moitas cousas dentro do navio.

CONTO VIAXEIRO: O LOBO LUPO

Este conto viaxeiro é froito da colaboración de tres colexios: CEIP Atios, do Porriño, CEP O Sequelo e CEIP A Laxe, de Marín, a proposta dos seus respectivos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Participaron os alumnos do 1º ciclo. Parabéns especiais aos compañeiros do CEIP O Laxe que tan ben superon levar a porto o proxecto

PRESENTACIÓN PARA OS OBRADOIROS XABARÍN 18

Cun pouco de retraso pero isto foi o que elaboraron os compañeiros do EEI Monte da Guia para o Marco e os obradoiros que alí organizaron

Adiós ríos, adiós fontes..

Polas Letras Galegas,

os compañeiros de 3º do noso cole

cantaron un poema de Rosalía de Castro no 175 do seu nacemento.

¡Fixádevos que arte!

 

POEMA PARA VALENTÍN PAZ ANDRADE

Nun pequeno poema os nenos de 2º resumen a traxectoria vital do poeta no seu ano

BIOGRAFÍA VALENTIN PAZ ANDRADE

En 10 sinxelos trazos resumimos a vida de Valentín Paz Andrade

MINI E MERO

Historia viva da Cultura Galega, a primeira vez que duas palabras valen mais que mil imaxes, MINI e MERO, mañán as 20:30 no Museo Torres grazas aos esforzos de Queremos Galego Marín

E para os que non poidades ir mañá, que algún haberá deixamosvos este video, do que soen facer nas súas charlas:

SAÍDA DIDÁCTICA DOS ALUMNOS DE 5º

Os alumnos de 5º realizaron unha saída cultural a unha paraxe tan emblemática dentro da nosa historia e cultura como é  a illa de San Simón, á que o trovador medieval Meendinho lle cantou. A saída completouse cun percorrido en barco pola ría de Vigo e coa visita ao zoolóxico da cidade olivica

O Escritor: Victor Castro

A semán pasada visitounos o escritor Víctor Castro, para ensinarnos os seus libros de poemas en torno a Marín, lugar onde vivíu moitos anos cando foi mestre neste colexio. Os rapaces e rapazas o pasaron moi ben escoitando aventuras e lendas moi curiosas e divertidas.

EXPO XABARÍN 18 NO MUSEO TORRES DE MARÍN

Ás veces é verdade que unha imaxe vale por un milleiro de palabras

 


Click to play this Smilebox slideshow

NOVOS E VELLOS SOCIOS

Os vellos socios do Xabarín Club danlle a benvida aos novos socios do mesmo, ata un total de 160 que conseguimos reunir entre os dous colexios. Ao final imos facer as contas de todolos socios que temos no colexio; noviños do trinque uns 116 que non está nada mal.

CERTAME RELATO CURTO CONCELLO DE MARÍN

Un dos gañadores no concurso é a nosa alumna Jennifer Motos Gabarré de 6º

 

OS NOSOS FUTUROS ALUMNOS VISITÁRONNOS

Acompañados dos seus mestres do Grupo Escolar, os nenos de 5 anos e moitos deles futuros alumnos nosos, achegáronse a coñecer o centro, como parte da súa adaptación a unhas novas instalacións. Visitaron as dependencias do centro,saudaron a vellos amigos e xogaron tamén un chisquiño no que vai ser o seu novo patio de recreo.

 

XABARÍN 18 NA VOZ DE GALICIA

O Proxecto Xabarín-18 na Voz de Galicia Edición Vigo.

PARTICIPAMOS NO "NOS TAMÉN CREAMOS"

Un can e un gato foi a curta de animación que libremente baseamos nun libro da Editorial OQO. Este traballo forma parte do programa "Nos tamén creamos" da Xunta de Galicia, a TVG e OQO editora para o fomento do uso do galego e das novas tecnoloxías na educación. 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2012

No ano de Valentín Paz Andrade, a súa poesía estivo moi presente no noso festival; mais ao seu carón apareceron outros clásicos da literatura galega como Rosalía de quen se fixo unha versión

de "Adios Ríos, Adios Fontes" ou Celso Emilio Ferreiro no seu Centenario coa versión da súa poesía "María Soliña"

E como prólogo ao día por excelencia da nosa cultura, a presenza dun mago que anticipou a maxia das verbas de Valentin Paz Andrade

CARLOS FONTES: POEMAS CON PIRULETA

 

O escritor de Vilaboa Carlos Fontes tivo a amabilidade de compartir connosco a mañán do xoves, onde os mais pequenos leron e recitaron poemas do seu primeiro libro "Poemas con Piruleta" e onde ademáis nos presentou en primicia o seu novo libro de Poesía Infantil "Versos en Flor".

Cunha inmensa paciencia foi unha a unha polas catro clases do primeiro Ciclo.

 

 

Poemas audiovisuais de Valentín Paz-Andrade polo día das Letras Galegas 2012.

Pezas audiovisuais da Obra de Paz-Andrade de carácter suxestivo, que están construídas sobre algúns dos versos máis significativos do autor.

 

EDUCAPLAY

Unha interesante plataforma onde, previo rexistro, podemos crear para os nosos alumnos unha serie de actividades onde aprenderán xogando. Das mais interesantes, estes mapas interactivos, como os que desta elaboramos nos mesmos, dun xeito moi sinxelo. A XOGAR

 

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.