FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Bueno rapaces/as, chegou o gran día ten esperado por toda a comunidade escolar e en especial polo alumnado, que despois dun ano de traballo e de esforzo, verase recompensado con estas vacacións de verán. Aquí tedes unha vez máis un resumo en fotografíaS do espectacular festival de fin de curso levado a cabo o venres 22 de Xuño, para dar por concluido este curso escolar xuntO coa entrega de notas. Felices vacacións a todos/as!!!!!! Vémonos en Setembro agás os rapaces/as de 6º curso que comezan a sús nova andaina no instituto, SORTE!!!!
(Facede click dentro da imaxe para ver aínda moitas más)
Toponimía de Marín
Enviado por josean o Dom, 24/06/2012 - 20:40Este vídeo de toponimia de Marín é so un anticipo do macroproxecto sobre o mesmo tema que remataremos o ano que ven con outros colexios de Marín (A Laxe, Viñas Brancas...) e que presentaremos axeitadamente. Polo de agora quedadevos con este pequeno anticipo.
ENSINANZA DO ESPAÑOL COMO LINGUA ESTRANXEIRA: RECURSOS
Enviado por josean o Dom, 24/06/2012 - 18:52Neste Symbaloo tedes 1001 e un recursos para ELE
TRABALINGUAS EN FAMILIA
Enviado por josean o Sáb, 23/06/2012 - 20:39Ao redor destes trabalinguas en galego xuntáronse diversas xeracións que compartiron un momento divertido diante das nosas cámaras; pais, nais e fillos, avós e netos, irmáns...Todos xuntos intentando repetir o mais rápido posible e de diversos xeitos, estes, nosos trabalinguas, de Marín e do resto de Galicia.
LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por josean o Sáb, 23/06/2012 - 14:00Xa sabemos quen é o homenaxeado de cara ao ano próximo: Roberto Vidal Bolaño, o que representa unha novidade con respecto aos últimos anos, DRAMATURGO.
FESTIVAL FIN DE CURSO
Enviado por josean o Sáb, 23/06/2012 - 13:52O festival de fin de curso deste ano foi moi variado: houbo ximnasia rítmica, patinaxe, entregas de trofeso, danza e música moita música. Agradecer ás familias a súa presenza multitudinaria no acto para despedir connosco aos alumnos que se nos fan maiores e se nos van ao Instituto.
Partido Alumnado-Profesorado
Un ano máis levouse a cabo o tradicional partido de fin de curso entre unha selección de alumnos/as contra unha selección de mestre/as. Foi un éxito rotundo de afecionados nas gradas (estaba todo o colexio, por suposto) e de bó fútbol e amizade no campo. O resultado é o de menos nestas ocasións (7-5 gañaron os profesores/as), pero outro ano será. Grazas a todos/as!
SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS
Enviado por josean o Xov, 21/06/2012 - 19:57Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.
CONFERENCIA SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO
Enviado por josean o Mar, 19/06/2012 - 06:50A profesora e investigadora marinense, Ana Acuña Trabazo, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo, achegouse ao noso colexio para falarlles aos nenos de 6º sobre a traxectoria vital e poética de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento.
EXCURSIÓN A MANZANEDA DE 6º DE PRIMARIA
O alumnado de 6º de Primaria acaba de chagar da excursión de fin de curso, que se levou a cabo un ano máis no maravilloso entorno natural de Cabeza de Manzaneda. Cabe destacar a cantidade de actividades realizadas, como por exemplo: escalada, karts, cabalos, supervivencia, etc... e como non, esquecíaseme, A DISCOTECA!!!!!!!
Bueno ahí tedes un adianto das imaxes da excursión, antes de que vos den o cd con tódalas fotos, A DISFRUTAR!!!!!! (facede click dentro da foto)
CHARLA DO CLUBE CICLISTA MARÍN
Hoxe visitounos un ano máis, o Director do Clube Ciclista Marín. Como sempre ven cargado de materiais propios da especialidade que dirixe, bicicletas, maillots, fotografías, etc.... e de ilusión para transmitirlle ó alumnado de 5º de Primaria a pasión por este deporte.
O ARTE DA LUTHERÍA EN MARÍN
Enviado por josean o Sáb, 16/06/2012 - 17:53Estas son algunhas das alfaias que Cesar crea no seu taller de Cadrelo. Para que vos decates da precisión e o arte que require cada ano fai unha media de doce zanfonas e entre dúas ou tres arpas. E se facedes ben as contas botádelle canto lle leva facer unha zanfona
CESAR LOUREIRO E CARMEN GALLEGO VISITANNOS
Enviado por josean o Sáb, 16/06/2012 - 16:36O Cep Sequelo, seguindo nesta semana co achegamento que estamos facendo Á NOSA PROPIA CULTURA, tan lonxana para os nosos nenos, ás veces; recibimos a visita de dous veciños do pobo, pero non dous calquera senón a dun gran artesano e luthier CESAR LOUREIRO e a violinista CARMEN GALLEGO, que acompañados polos instrumentos que César mesmo fabrica puxéronnos en contacto coas súas fermosas profesións e cun anaquiño da nosa cultura tradicional no eido tanto musical como artesanal que xa é milenaria.
FIZ, O NENO MAIS PORCO DO MUNDO
Enviado por josean o Sáb, 16/06/2012 - 16:06Fiz é unha persoaxe que Kiko da Silva creou para a extinta revista de Banda Deseñada "Golfiño" e que ten revista de seu. Fiz pasa por ser o neno mais porco do mundo e polo debuxo co seu pai artístico nos deixou del, ben podería ser.
http://revistafizgal.blogspot.com.es/search/label/Debuxos%20Lectores
KIKO DA SILVA PRESENTA NO NOSO COLEXIO O SEU PROXECTO DO GARAXE HERMÉTICO
Enviado por josean o Sáb, 16/06/2012 - 15:58Os nosos alumnos coñeceron de man do debuxante o p Kiko da Silva, o proxecto O GARAXE HERMÉTICO a primeira escola Profesional de BD e ilustración de Galicia á que se lle fixo entrega en doazón, dun volume da histórica revista de Bd Galega "VAGALUME", que pasará a formar parte da BDteca do Garaxe Hermético e será restaurada para a súa conservación.
Ademais Kiko da Silva explicoulles o funcionamento da escola de BD e informoulles dos cursos de verán que comezan en xullo, tanto para nenos como para adultos e impartiulles unha clase sobre a creación de personaxes de banda deseñada.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E A MATRÍCULA PARA O CURSO 2.012-2.013
AQUÍ ESTÁN OS ARQUIVOS PARA DESCARGAR E POSTERIORMENTE CUBRIR E ENTREGALOS NA SECRETARÍA DO COLEXIO. MOITAS GRAZAS.
(O prazo de solicitude para a adquisición dos libros de texto abarca dende o 2 de Xuño ó 2 de Xullo.
O prazo da matrícula vai dende o 20 ó 30 de Xuño. Faga click dentro dos libros)
O CULLARAPO CROQUE
Enviado por josean o Mar, 12/06/2012 - 22:19Nesta semana tan chea de acontecementos culturais que imos ter ao redor da cultura galega, nas súas diversas facetas, o primeiro en visitarnos é Miguel Angel Alonso Diz presentando o seu libro de poesía para nenos "O Cullarapo Croque". As fermosas ilustracións de libro son obra da profesora do Instituto As Barxas de Moaña, Luz Beloso.
EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS
O alumnado de 3º e 4º do Colexio foise o venres día 8 de Xuño, para pasalo entre amigos e así celebrar o fin de curso. Decidiron marcharse a unha illa preto de Marín, e non é Tambo, foi a Illa de Ons que forma parte do Arquipélago das Illas Atlánticas. Estaba todo contratado, o barco, a animación no barco, monitores para unha visita guiada pola illa, un bar coa súa terraza para comer con vistas ó mar, e por suposto o día tan estupendo que saíu despois de varios días grises e de choiva que o precedreron tamén estaba contratado, jejeje. Saíu todo xenial!!
VISITA AO VALENTÍN PAZ ANDRADE
Enviado por josean o Lun, 11/06/2012 - 22:13No día Mundial dos Océanos era o momento de coñecer lo barco que leva por nome o autor a quen se lle adica este ano O día das Letras Galegas, e os rapaces de segundo pasaron unha mañán moi divertida e aprenderon moitas cousas dentro do navio.
CONTO VIAXEIRO: O LOBO LUPO
Enviado por josean o Xov, 07/06/2012 - 22:11Este conto viaxeiro é froito da colaboración de tres colexios: CEIP Atios, do Porriño, CEP O Sequelo e CEIP A Laxe, de Marín, a proposta dos seus respectivos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Participaron os alumnos do 1º ciclo. Parabéns especiais aos compañeiros do CEIP O Laxe que tan ben superon levar a porto o proxecto
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »