Novas

DÍA DA PAZ 2018

Enviado por Anónimo o Mar, 30/01/2018 - 18:16

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio, para recordar a importancia de vivir nun mundo sen guerras nen conflitos. Todos os alumnos subiron o pavillón vestidos de amarelo, a cor da ledicia e dos xirasois, e bailaron coa canción de Rozalén "Girasoles". Despois encheron unha cortiza cos xirasois que fixeron en cada clase coa letra da canción. O resultado foi espectacular. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

   

 

( categories: )

FESTIVAL NADAL 2017

Enviado por Anónimo o Ven, 12/01/2018 - 14:57

O pasado 20 de Decembro celebramos o festival de Nadal no colexio , coas actuacións dos grupos pares do colexio. Desfrutamos do circo cos de 4 anos, co coro das emocións dos de 2º e 4º e as obras de teatro e performances dos de 6º. Fixerono moi ben e recibiron grandes aplausos.Podedes ver máis fotos das actuacións na Galería de imaxes na lapela superior.

( categories: )

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviado por Anónimo o Mar, 28/11/2017 - 17:37

O pasado día 24 de Novembro celebramos no colexio o día mundial contra a violencia de xénero. Todos os cursos reuníronse no pavillón e se mostraron carteis coa palabra MULLER escrita en diferentes idiomas. Os alumn@s cantaron a canción "Matriarcas" de Guadí Galego acompañandoa duns xestos e reflexionaron sobre a importancia dunha sociedade igualitaria para todos. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

 

            

( categories: )

O MAGOSTO NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 14/11/2017 - 15:00

O venres 10 de novembro, celebramos a festa do magosto. Participamos en moitos xogos como o come-castañas, relevos, equilibrio sobre corda e carreira con zancos... mentres preparaban as castañas asadas.

Ao rematar degustamos unhas deliciosas castañas, tiznámonos coas cinzas e pasámolo xenial xuntos os nosos compañeiros/as. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

 

 

( categories: )

O SAMAÍN NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 07/11/2017 - 14:39

Con motivo da celebración do Samaín, estivemos a traballar unha das emocións máis básicas: o medo. Para iso, e contando coas aportacións das cabazas elaboradas polos nenos e nenas preparamos unha sala do medo, decorada con motivos terroríficos, ambientada con sons... 

A escuras e únicamente coas caveiras iluminadas con velas, o alumnado foi acompañado pola Santa Compaña para facer un percorrido pola sala. 

Ao finalizar os nenos e nenas obtiveron un pasaporte  que simboliza que superou o medo.

Dende a biblioteca, organizouse un recuncho de medo e os maiores do cole amenizaron cuns contacontos de medo durante a pasada semana.Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes.

O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL DE IGUALARTE ACTÚA NO COLE.

Enviado por Anónimo o Sáb, 03/06/2017 - 18:23

O pasado xoves día 1 de xuño , o grupo de música tradicional galega da fundación igualarte, ofreceunos un magnifico concerto, no que poidemos disfrutar coas cantigas de sempre como a Carolina,a Rianxeira, o Gato e outras cantigas con arranxos feitos por eles.

Dende o cole ofrecemoslle este agasallo. Un pequeno video cos debuxos das nenas e nenos ,co fondo musical dun dos seus arranxos , Vals de Vilanova dos Infantes 

 

 

 

 https://drive.google.com/open?id=0B2GcqC-C0sVgaUVoTjBkVkFIdVE

 

( categories: )

APADRIÑAMENTOS LECTORES NA BOUZA

Enviado por Anónimo o Ven, 26/05/2017 - 10:39

O martes 23 de maio, os nenos e nenas de 3 anos compartimos unha xornada de lectura co alumnado de 4º do ceip Celso Emilio Ferreiro. Eles contáronnos un conto de Carlos Casares, A formiga Esquiadora e nós, os nenos e nenas de 3 anos fixemos unha adaptación do conto a Galiña azul de Carlos Casares para recitarlle a eles este día que podedes ver no seguinte vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=n6RZCbfirBk

Ademais de pasar un ratiño moi agradable con eles mentres contábannos os contos puidemos desfrutar dunha merende á sombra das árbores e de xogos  no parque. Foi moi divertido!

 

 

( categories: )

ENTROIDO NO SEIS

Enviado por Anónimo o Ven, 03/03/2017 - 11:23
O venres 24 de febreiro celebramos a festa do Entroido. Tendo en conta a temática deste ano, "emocionámonos viaxando", cada nivel disfrazouse dun país diferente e as rúas do barrio enchéronse de exipcios, piratas, momias, máscaras venecianas, africanos... O percorrido polo barrio rematou cunha festa no centro na que degustamos comidas típicas do entroido. 

 

 

Podedes ver máis fotos da festa na galería.

( categories: )

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Enviado por Anónimo o Xov, 02/03/2017 - 14:08

O 14 de febreiro recibimos a Ledicia Costas. Tivo un encontro co Club de lectura,16 alumnos/as de 6º de primaria: tocaba posta en común coa súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta". Preparamos especialmente a súa visita: unha das alumnas caracterizouse como Escarlatina, outros fixeron debuxos dos personaxes, outros prepararon algunhas receitas do seu libro,.. 
E conseguimos sorprendela, pois nada máis ver a caracterizada de Escarlatina quixo fotografarse con ela.

O encontro tivo lugar na sala Rosalía, onde a agardaban as receitas elaboradas polos membros do club de lectura. 
Descubrimos moitos dos seus segredos: que lle fascina a temática relacionada coa morte, que é moi larpeira, que escribe dende os trece anos,.....contounos anécdotas e poidemos facerlle todas aquelas preguntas sobre os personaxes, as ilustracións,...que levabamos preparadas.

Anticipounos que xa está traballando no seu próximo libro que terá que ver cunha tradición nosa ,o samaín. 
Houbo tempo tamén para asinar no libro de visitas do centro e nos exemplares de Escarlatina e Esmeraldina.

E, coma sempre que nos visita, soubonos a pouco.

Moitas grazas Ledicia por compartir connosco o teu tempo e achegarnos a túa experiencia literaria. Ata a próxima!!
 
 
( categories: )

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

Enviado por Anónimo o Ven, 10/02/2017 - 11:09
O día 2 de Febreiro, celebramos no colexio, o día Mundial dos Humedais. Cunha actividade proposta pola Concello para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, para concienciarnos da importancia do coidado e conservación dos Humedais da nosa Cidade, coñecendo a súa flora e fauna, a través de diferentes obradoiros, nos cales os rapaces ían disfrazados de animais, como a píntega, a rá, a libélula, etc. Contamos para actividade coa presenza do Alcalde, Abel Caballero, quen recordou aos máis pequenos a importancia do coidado dos mesmos.

   

 

( categories: )
Distribuir contido