|
NovasXORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADAL PARA CURSO 2022/23 e para Nais e Pais do centro!!!!Enviado por ninesrey o Mar, 15/02/2022 - 23:37
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS!!!!!!! Portas abertas 8 e 15 de marzo (de mañá de 9.15 a 10.15 e de tarde de 16.15 a 17.15)para as Nais e Pais do Centro e para aquelas familias que non puideron asistir nas dúas xornadas anteriores. Animádevos a vir !!!!!! Non volo perdades!!!!!!! Cita previa grupos reducidos 886120180/81.
( categories: )
Día Mundial da Radio 13 de Febreiro de 2022!!!!! Ponte...nas Ondas!!!!Enviado por ninesrey o Lun, 14/02/2022 - 18:27
Xa podedes entrarrrrr ... en http://escolasnasondas.com/ceip-seis-do-nadal-vigo-para-o-dia-mundial-da-radio-2022/ a nosa participación no Día Mundial da Radio 13 de Febreiro 2022 en Ponte ...nas Ondas con tres programas espectaculares da nosa Radio- Xornal Seis do Nadal...
( categories: )
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 11 de Febreiro 2022Enviado por ninesrey o Ven, 11/02/2022 - 01:00
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 11 de Febreiro 2022
Non deixedes de visitar a axenda de actividades do 14 ao 25 de Febreiro, traballos de investigación e experimentación no sector Stem/Steam, visitas científicas do traballo das mulleres nestas áreas, seleccións de lecturas da nosa Bibliolab... http://atlasdossonhos.blogspot.com/2022/02/dia-internacional-da-muller-e-nena-na.html https://www.cultura.gal/gl/evento/51528/22/57700
Escoitade o Programa de Radio- Xornal Seis do Nadal de 3ºA Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia!!!!! https://soundcloud.com/ofiadeiro-doseis/programa-3a-dia-da-muller-e-nena-na-ciencia ( categories: )
Que estes Camiños que iniciamos traian moita Saúde e Felicidade para todos e todas!!!!! BO NADALEnviado por ninesrey o Mér, 22/12/2021 - 20:48
Conto de Nadal 2021 1º B Ceip Seis do Nadal : https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2022/01/conto-de-nadal-21-1-b-ceip-seis-do-nadal.html
( categories: )
DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON D̶I̶S̶CAPACIDADEEnviado por ninesrey o Ven, 03/12/2021 - 23:48
( categories: )
DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLEREnviado por ninesrey o Ven, 26/11/2021 - 00:45
25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller, reivindicamos valores, respecto e tolerancia cara a un camiño que nos torna iguais... No cole preparamos a canción “Son muller” de MBCP (Máis Boas cas Patacas) co retrouso en lingua de signos e cos nosos petos violetas.
( categories: )
VIDEO DE INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "ATLAS DOS SOÑOS"Enviado por ninesrey o Ven, 19/11/2021 - 19:59
( categories: )
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA "ATLAS DOS SOÑOS"Enviado por ninesrey o Mar, 09/11/2021 - 23:07
Despois de moito esforzo, traballo e ilusión, xa temos a Biblioteca “Atlas dos Soños” preparada para botar a andar, cunha morea de proxectos. Agradecemos a presencia de todas as autoridades da Xunta, da nosa madriña de Biblioteca “Ledicia Costas” e a representación de asesoría de bibliotecas e da ANPA.
https://www.facebook.com/bescolares/ https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2021/11/10/tapias-inaugura-nueva-biblioteca-ceip-59349547.html
( categories: )
A VENDIMA NO SEIS DO NADAL !!!! EXPERIENCIA MULTISENSORIAL!!!!Enviado por ninesrey o Mar, 28/09/2021 - 19:01
O 23 DE SETEMBRO comenzou a vendima no CEIP Seis do Nadal , con axuda do noso conxerse Eloi que construíu o armazón da parra e o agasallo das uvas dos viñedos Hnos Morte este ano as nosas compañeiras de 5º e 6º de infantil relacionado co proxecto “Os camiños do viño no Seis” ensinaron o proceso do pisado do viño no lagar …tremenda experiencia multisensorial para as crianzas. Aproveitando a vendimia degustaron mosto fresquiño con moito deleite. http://aprendiendoavolar-educacioninfantil.blogspot.com/2021/10/a-vendima.html
( categories: )
ENTROIDO 2020Enviado por Anónimo o Mar, 03/03/2020 - 11:39
Este curso celebramos o entroido dedicado a "Cambiamos o mundo". Durante quince días fixemos uns murais dos distintos entroidos de Galicia: Peliqueiros, Choqueiros, Boteiros, Oso, Felos, etc. que estiveron expostos na entrada do colexio. O Meco mandounos traer cousas na cabeza, nos pés, pixamas, mandis. Houbo tamén un obradoiro de filloas, onde todo o alumnado aprendeu como se fan e o ricas que son, comendo todo. Cada curso elixiu un tema diferente para disfrazarse. Actuaron e desfilaron no pavillón e logo polas rúas recibindo os parabéns das familias e os veciños e veciñas. Queimamos o meco polas malas cousas que fixo e disfrutamos dunha merendola do entroido no pavillón con pratos doces e salgados. Por último, rematamos bailando e xogando.
( categories: )
|
Iniciar sesión |