Bo Nadal 2020

O equipo docente do CEP Plurilingüe Santa Tegra desexámosvos unhas felices festas e un próspero aninovo!

 

A continuación poderedes ver os vídeos do alumnado de relixión católica:

Día da discapacidade 2020

O 3 de decembro o alumnado e profesorado do CEP Plurilingüe Santa Tegra conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. Co fin de sensibilizarnos sobre os seus dereitos e concienciarnos sobre as súas situacións de vida.

Ao longo da semana a música do colexio dedicouse a este día por medio da canción “Se Salen” de El Langui. Esta canción foi creada para as últimas Paraolimpiadas. O autor ademais de ser unha persoa con discapacidade debido a unha parálise cerebral, é un exemplo de superación, vitalidade, con gran sentido do humor e positividade. É cantante, actor, presentador de televisión e de radio, comunicador, escritor e fundador de unha Asociación Socio-Cultural “A mí no me digas que no se puede”, para fomentar a lectura, previr o absentismo, potenciar o respecto, a convivencia e a cidadanía.

Nesta semana, e máis concretamente neste día, nas diferentes aulas realizáronse diversas actividades para traballar sobre esta temática. Tratouse o tema nas asembleas, elaborouse un cuestionario “en liña” con preguntas sobre diferentes conceptos relacionados coa discapacidade, o alumnado buscou persoas recoñecidas nos diferentes ámbitos da vida (ciencia, investigación, artes, literatura, deportes...) con discapacidades ou diversidade funcional, que logo se pegaron nun mural.

A continuación pódense ver as fotos do día e o enlace ao Blog de Orientación no que se pode ver o vídeo da canción e facer o cuestionario.

1º

Podedes ler a entrada sobre o Día da discapacidade no blog de orientación pemendo nesta ligazón

Distribuir contido