A IGUALDADE NON TEN TRUCO

O venres 14 de Maio o alumnado do centro disfrutou da actuación de maxia " A igualdade non ten truco", na que ademais de poder sorprenderse cos trucos de maxia do grupo "MAGIA EN LA MANGA", aprendemos que a maxia pode facerse por igual tanto por nenos coma por nenas.

Pasámolo moi ben durante a hora que durou a actuación. Deixamos este pequeno vídeo que recolle os momentos máis emocionantes da actuación..

 

"De ti para mín" 2021

O pasado venres 23 de abril, celebramos no colexio a actividade “De ti para min”, na que os alumn@s de cada curso realizaron por parellas o agasallo dun libro cunha dedicatoria. Ese mesmo día, cada clase visionou nas aulas os vídeos que con tanto esforzo e dedicación enviaron as familias nos que recitaban poemas, contaban historias, etc.

 

Grazas á vosa colaboración, pasamos un GRAN DÍA DO LIBRO!

 

8-M 2021

O alumnado e equipo docente do CEP Plurilingüe Santa Tegra desexámosvos un feliz 8-M

Distribuir contido