Skip to Content

O centro

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. VEN A COÑECERNOS!!

O martes 5 de marzo de 2024, en horario de 15:30 a 17:30, o noso centro convoca unha xornada de portas abertas para aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o colexio CEIP RAMÓN DE ARTAZA E MALVÁREZ.

Se estás disposta a vir, por favor, comunícao no teléfono do centro (881867360) ou no correo: cep.ramon.artaza@edu.xunta.gal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA CURSO 2024/25(do 1 ao 20 de marzo).

O proceso de admisión (para alumnado que non estea cursando estudos no centro) poderase facer telematicamente a través da aplicación <

COMUNICACIÓN DA RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (EEI DE MUROS E IES FONTEXERÍA).

Informamos que todo o alumnado do centro adscrito, 15023727_EEI de MUROS, que presentou a súa reserva de praza de cara ao vindeiro curso 2024-2025, obtivo praza.

RESERVA PRAZA NO IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA CURSO 2024/2025

 

RESERVA PRAZA NO IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA CURSO 2024/2025

 

SEMANA DA CONVIVENCIA 2024

X CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL

 

O noso alumnado de 1º elaborou este cartel para convidarvos a participar co nome do noso centro  na X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. Hoxe remata o prazo para inscribirse na carreira que se celebrará o vindeiro sábado 18 de novembro.

 

CALENDARIO ESCOALAR 2023/2024

OBRADOIRO FORMATIVO

INICIO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

 

O claustro de mestres/as do CEIP Ramón de Artaza quere darvos a benvida a este

novo curso escolar que comeza.

Segundo aparece recollido na orde do calendario escolar este curso 2023/2024, dará

comezo o vindeiro luns 11 no horario habitual do centro (08.50-15.10h). Comeza

igualmente o servizo de transporte e comedor  dentro do seu horario.

 

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade

educativa.

 

SELECCIONADOS PARA O PROGRAMA "EDUCACIÓN RESPONSABLE"

O noso centro, foi seleccionado no mes de xuño, previa solicitude de admisión para o programa "Educación Responsable" e á súa vez formar parte de Contratos-programa Inclúe.  Tres fases do proxecto con cadanseu ano que inclúen: formacion permanente do profesorado participante, noutra etapa formará ao resto do equipo docente e na derradeira, incorporaranse estas aprendizaxes no contexto educativo.

 

Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade é un programa educativo que se desenvolve en convenio de colaboracióncoa Fundación Botín, para, ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade, promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes apartir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado naaplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educaciónemocional, social e creativa durante tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentesimplanten o programa formando parte da rede de Centros Educación Responsable da ComunidadeAutónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Conselleríade Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidadese da Fundación Botín.

*Adxuntamos resolución

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut