Skip to Content

SELECCIONADOS PARA O PROGRAMA "EDUCACIÓN RESPONSABLE"

O noso centro, foi seleccionado no mes de xuño, previa solicitude de admisión para o programa "Educación Responsable" e á súa vez formar parte de Contratos-programa Inclúe.  Tres fases do proxecto con cadanseu ano que inclúen: formacion permanente do profesorado participante, noutra etapa formará ao resto do equipo docente e na derradeira, incorporaranse estas aprendizaxes no contexto educativo.

 

Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade é un programa educativo que se desenvolve en convenio de colaboracióncoa Fundación Botín, para, ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade, promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes apartir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado naaplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educaciónemocional, social e creativa durante tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentesimplanten o programa formando parte da rede de Centros Educación Responsable da ComunidadeAutónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Conselleríade Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidadese da Fundación Botín.

*Adxuntamos resolución

AdxuntoTamaño
resolucion_definitiva_educacion_responsable_23-24_2_0.pdf330.6 KB

        

 



page | by Dr. Radut