Participamos na campaña promovida polo Concello para impulsar o consumo responsable e o comercio local. O alumnado de 5º colaborou no video promocional da campaña e o alumnado de 3º e 4º fixo un stand para dar a coñecer a labor voluntaria dos nosos Axudantes Verdes no centro que estará exposto no cine París xunto cunha selección de xoguetes feitos con material de refugallo elaborados polo alumnado de 2º.
Deixamos o programa e convidámosvos a que pasedes por alí.
O pasado martes, a Directora e a Xefa de Estudos, en representación do noso centro, estiveron na Cidade da Cultura de Santiago expoñendo as accións especializadas de mellora educativa no ámbito da inclusión que se levan a cabo no noso centro. Un recoñecemento ás boas prácticas que o noso claustro realiza en prol da convivencia e a educación emocional.
Hoxe foi un día de alegría e celebración na nosa escola. Logo de tanto traballo, por fin conseguimos rematar a mudanza do Polbo Ramón. Alumnado e profesorado disfrutamos descubrindo cada recuncho da nova biblioteca emocionados pola novidade.
Temos que dar as grazas ao Concello de Muros, ás familias colaboradoras e ao alumnado axudante da biblio. Entre todos/as fixémolo posible!
Cantas aventuras nos quedan por descubrir e disfrutar na nova biblioteca!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »