ADMISIÓN CURSO 2021/2022 | |||||||||||||||||
|
FELICITACIÓN NADAL 2020/2021 Dende o CEIP Ramón de Artaza desexámoslle a toda a comunidade educativa unhas Felices Festas e un venturoso 2021. Que este Nadal espalle alegría, saúde e prosperidade na nosa comunidade. BO NADAL !
|
|
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL NO CURSO 2020/21. (Orde do 6 de novembro de 2020) Alumnado destinatario Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial:
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR).
• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a. • Prazo: 1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »