8M. AS NOSAS MULLERES VALENTES
Non temos máis que ollar ao noso carón para ver que as nosas familias, rueiros ou vilas están cheos de mulleres marabillosas con vidas extraordinarias. Este ano quixemos adicar o 8M a todas esas mulleres que están entre nós, recoñecelas e valoralas coma verdadeiros referentes cotiás nas nosas vidas. O alumnado coa axuda das familias, elaboraron relatos e descricións realmente significativos e moi emotivos. Podedes botarlle un ollo ao traballo premendo na imaxe.