Skip to Content

25N

Con Motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se conmemora o 25 de novembro a nosa Biblioteca Escolar foi un fervedoiro de actividade e participación. Fixemos unha exposición de lecturas relacionadas coa temática en cuestión: Igualdade, respecto, valores e dereitos humanos son os temas que subxacen nos contos escollidos e traballados nas aulas. Fixemos murais e engalanamos todo o centro coas mensaxes da campaña “Muros en Negro” O xoves 23 de novembro tivemos a vitsita da Sra alcaldesa, Maria Xosé Alfonso, xunto con dúas representantes do CIM de Muros: Julia e Mari Carmen , que agasallaron aos nenos e nenas de todo o colexio cun exemplar da Guía dos Bolechas do Centro de Información á Muller de Muros. Fermosa a iniciativa coa que se pretende achegar ao alumnado a importancia do respecto, da empatía ou da autoconfianza. E, por suposto, que entendamos que os dereitos, son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: “igualiños, igualiños”! As nenas e nenos do noso centro, o Ceip Ramón de Artaza, recibiron con ilusión o novo exemplar dos irmáns máis queridos pola rapazada, leron un manifesto comprometéndose coa igualdade e o respecto á diferenza e entrevistaron a alcaldesa que contestou pacientemente a todas as súas preguntas.

 

AdxuntoTamaño
acto contra a violencia.pdf826.65 KB


blog | by Dr. Radut