conmemoracións

A CANDELORIA

O 2 de febreiro conmemorase “A Candeloria”,  e como di o refrán “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”

Este ano no noso centro investigamos un pouquiño sobre esta festividade, realizamos talleres de sobres e realizamos unhas cartas moi especiais. 

Pica na seguinte imaxe para descubrir o que estivemos argallando!  

Unha postal polo Nadal

O Consello da Infancia e a Adolescencia de Tomiño “Voces Novas” volve a pór en marcha unha nova edición de “Unha postal polo Nadal”. Baixo esta iniciativa os nenos e nenas do cole escribiron con moito agarimo e ilusión postais para os maiores de Tomiño.

Pica na imaxe para acceder á presentación.

3 de decembro. Día Internacional da discapacidade

Durante estas semanas conmemoramos o Día Internacional da discapacidade. Para iso o labor dos voluntarios/as da biblioteca foi fundamental. Xa que, permitiron que coñecésemos diversas historias a través das recomendacións lectoras. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación a favor da inclusión! 

Pica na imaxe para acceder á presentación. 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano, no colexio traballamos a figura das irmáns Mirabal.  Pica na imaxe e descobre todas as actividades propostas.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra  a Violencia de Xénero. Este ano para reivindicar unha data tan importante imos traballar a figura das irmáns Mirabal. Pica na imaxe e colabora connosco a encher o colexio de bolboretas!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer