O próximo luns, día 25, celébrase o
Día Internacional da Non Violencia de Xénero.
Trátase dun tema fundamental para a nosa sociedade sobre o que todos e todas debemos reflexionar. Dende a biblio, xa comezamos a traballalo cos nenos e nenas de 5º que se volcaron na elaboración dun mural.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Dende este espazo animámosvos tamén a lectura de magníficos libros como Arturo y Clementina, Rosa Caramelo ou ¿Hay algo más aburrido que ser princesa?
Estes libros tamén os podedes encontrar en formato vídeo!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer