Os nenos e nenas de 3º e 4º foron os escollidos para participar na animación á lectura desta semana e para coñecer a obra de Fran Alonso.
Este poeta e escritor, axúdase de cancións infantis e concibe a poesía como algo lúdico e divertido.
Os poemas, na súa opinión, nacen de dúas formas fundamentais: a poesía visual e a oralidade.
Bota man de elementos gráficos para facer os poemas que se lean como se fosen cadros.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer