Hoxe na nosa biblioteca estivemos conmemorando o día da muller traballadora cun xogo de "Quen é quen?". Nun mural cheo de fotos de homes e mulleres, tiñan que asociar cada imaxe cun oficio, só que as veces tendemos a asociar certas profesións con certos sexos, e o noso era un xogo para desmontar roles e estereotipos.
Hoxe moitos dos nosos nenos e nenas estiveron posando no photocall organizado para o día Internacional Da Non Viloencia contra a Muller. O alumnado de 6º elaborou para a ocasión unha serie de slogans alusivos do tema. Moitas foron as actividades que tódolos cursos levaron a cabo co fin de sensibilizar a nenos e nenas deste tema. Preme enriba da imaxe para acceder ao photocall completo.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer