Iniciar sesión |
TAREFAS VENRES, 17 DE ABRILBo día!!Hoxe xa é venres!Un último esforzo e xa damos paso ó fin de semana! As tarefas para hoxe son de Matemáticas, Plástica e Ciencias. As dúas últimas traballarémolas xuntas. Para iso, en primeiro lugar veremos un vídeo, trátase dun titorial no que nos ensinan como debuxar animais dunha forma moi sinxela e divertida. Ver vídeo.(Os 3-4 primeiros minutos). Unha vez que vexades o vídeo, elixides un animal e completades a ficha que aparece en Ciencias.
Unha vez rematadas esas actividades, propoñémosvos unha actividade de Lingua Castelá. Para realizala debedes facer clic aquí. E sairavos a seguinte imaxe: Dádeslle clic a "Iniciar Presentación!(Está rodeado na imaxe de arriba, fixádevos) e comezades. A ver quen consegue os dez corazóns!Facédenolo saber!! Ó rematar acabastes o traballo para hoxe!! Bo fin de semana!!
|